Categorías: Actualidade

Patricia Otero pide á Xunta que “traballe” para executar os 254 millóns pendentes dos Fondos Europeos Marítimos de Pesca

Denuncia “baixa execución” dos créditos consignados por parte do goberno galego para os anos 2016, 2017 e 2018, segundo os datos publicados polo Consello de Contas

A voceira de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de pedir á Xunta que “traballe” para executar os 254 millóns que Galicia ten pendentes dos Fondos Europeos Marítimos de Pesca. Fíxoo, hoxe, a través dunha pregunta ao goberno galego na Comisión de Pesca do Parlamento.

“O sector está trasladando a súa inquedanza porque parte destes fondos poidan quedar sseen executar cando estamos a mediados de 2021”, destacou a responsable socialista, logo de instar á Xunta a incrementar o nivel de execución ata 2023.

“É moitísimo diñeiro que lle viría moi ben ao sector” que, ademais, “o está a pasar moi mal por culpa da pandemia”, sentenciou a socialista, quen subliñou a importancia “de que estes fondos non se perdan” cando ademais poderían servir “para garantir un relevo xeneracional” necesario no sector.

A voceira socialista censurou deste xeito a “baixa execución” dos créditos consignados por parte do goberno galego nos anos 2016, 2017 e 2018, segundo os datos publicados polo Consello de Contas. Así, destacou que, malia que os créditos iniciais previstos neste período ascenderon a 179,58 millóns de euros, os créditos finais só acadaron os 80,57 millóns de euros, o que supón “unha baixa do 55%”.

Nesta liña, Otero lembrou que, segundo o acordo da Conferencia Sectorial de Pesca de 2014, dos 1.089 millóns de euros de fondos comunitarios designados a España desta partida, 371,02 millóns correspondíanlle a Galicia, “o que supón o 44,72% do repartido entre as comunidades autónomas”, 829,55 millóns de euros.

Finalmente, a socialista pediu que o novo FEMP 2021-2027 “simplifique os trámites”, xa que os actuais resultan “moi engorrosos, burocráticos e pouco operativos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29