Categorías: Actualidade

Patricia Otero lamenta no Parlamento o voto do PP en contra de sacar a concurso tódalas parcelas posibles do Polígono de Taboada

A parlamentaria socialista Patricia Otero lamentou hoxe o voto do PP en contra da proposición non de Lei que pedía rematar co Polígono de Taboada e sacar a concurso “na maior brevidade posible” todas as parcelas que poidan e que teñan en conta ás empresas interesadas en asentarse na infraestrutura. A iniciativa foi presentada na Comisión de Obras Públicas que se celebrou hoxe no Parlamento de Galicia.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “pasen dos esloganes aos feitos”, logo do novo anuncio do portavoz do PP diante dunha suposta saída a concurso inminente das parcelas que, dixo Otero, “creremos cando estea publicada no DOG”. A parlamentaria socialista lembrou que este proxecto leva anos paralizado, o que fixo que xa en 2010 moitas das empresas que xa tiñan a parcela comprometida optaran por buscar ubicacións alternativas.

A infraestrutura está actualmente en mans do IGVS, que, ao igual que fixo hoxe o PP, anunciou a saída á venta das parcelas o pasado 28 de xaneiro e de novo o 27 de abril, pero as empresas continúan a agardar, co “serio risco de que se cansen de novo da espera e dos continuos retrasos” mentres o alcalde demostra que “non fai absolutamente nada” a favor das novas instalacións.

Patricia Otero presentou no Parlamento “a voz dos veciños e veciñas e dos empresarios e empresarias de Taboada, que queren instalar ás súas empresas no Polígono industrial”, polo que lle esixiu ao goberno galego que escoite aos empresarios locais, e sinaladamente ás 75 empresas aglutinadas en torno á Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada –Acimta-.

Eles serán, puntualizou, os que mellor lle poden plantexar as necesidades actuais do proxecto “se o que queremos é que funcione como unha ferramenta útil para xerar emprego” e conseguir crear un tecido empresarial que permita parar a sangría que supón a perda de poboación do interior de Lugo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27