Categorías: Actualidade

Participación récord no relatorio marco que definirá as liñas políticas do PSdeG

A gran mobilización da militancia contribúa a enriquecer a ponencia marco que marcará a folla de ruta do partido para os próximos años

Os membros do equipo redactor do relatorio marco do 15.º Congreso Nacional do PSdeG remataron esta semana o proceso de revisión das emendas que semanas atrás presentou a militancia a través das agrupacións. Con motivo da finalización dos traballos, hoxe encontráronse na Cidade da Cultura —onde se celebrará entre o 7 e o 9 de marzo a reunión do máximo órgano do partido—, xunto ao secretario de Organización, Luis Ángel Lago, e moitas das persoas que colaboraron ao longo dos últimos meses na elaboración do documento.

Segundo avanzou o coordinador, Julio Torrado, recibíronse centos de achegas, “moitas delas coincidentes”, polo que se agruparon ata formar algo máis de 300 emendas, incluídos tanto o relatorio como os estatutos. Torrado valorou a “altísima participación dos compañeiros e compañeiras socialistas” no proceso, con propostas que na súa gran maioría “son tremendamente enriquecedoras”. De feito, gran parte delas integraranse “de xeito directo”, xa que inciden en aspectos como a igualdade e a ampliación de dereitos e “fanos mái explícitos”. “Van un pouco máis alá nas formulacións e afondan na definición dos nosos marcos”, matizou.

Ao ter sido un proceso moi participativo, “como queda plasmado no documento”, o relatorio marco “xa cumpriu con creces o seu primeiro obxectivo, que era axitar o debate”, algo que, afirmou Torrado, “é crucial para unha organización que coida tanto a democracia interna”, como é o Partido Socialista.

“Enfrontamos con moita ilusión o congreso, para acordar nas comisións, tal como se espera de todos nós, os textos definitivos que trazarán as liñas políticas do noso partido nos vindeiros catro anos”, explicou o coordinador do equipo redactor. “Estamos desexosos de que chegue o 8 de marzo para discutir as alternativas con moita vontade construtiva”, engadiu.

Ademais de Torrado, formaron parte do equipo autor do relatorio marco Nicolás González Casares, Patricia Otero, Aitor Bouza, Silvia Fraga, Abel Losada, Carmen Rodríguez Dacosta e Obdulia Taboadela. Colaboraron na redacción, entre outros, Julio Abalde, Ana Abelleira, Javier Carballo, Francisco Cardama, Iago Carril, Paloma Castro, Noemí Díaz, Francisco Díaz, Xurxo Doval, Roberto García, Patricia Iglesias, Silvia Longueira, Ángel Mato, Lara Méndez, Moncho Paz, Aitor Rodríguez, Carmela Silva, José Ángel Vázquez Barquero e Patricia Vilán. Ademais, contouse con achegas de sindicatos e colectivos como UGT, CC.OO., Unións Agrarias, Mulleres Salgadas ou Alas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa a Medio Rural de empregar comparecencias no Parlamento para autobombo e entorpecer o traballo de control por parte da oposición

Lara Méndez aféalle ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que acuda á Cámara…

11/07/2025
  • Uncategorized

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “abandone a pasividade” e poña en marcha unha estratexia “real e eficaz” fronte ao cancro do castiñeiro

Carmen R. Dacosta reclama actualizar e reforzar o programa de control biolóxico da praga que…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle a Educación a revisión en profundidade do programa E-Dixgal

Julio Abalde alerta de que a falla de recursos e o deseño do programa polo…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista pide explicacións á Xunta sobre as medidas para acoller menores migrantes e advirte da emerxencia xenófoba que promoven PP e Vox

En Galicia residen actualmente máis de 177.000 persoas migrantes que contribúen ao crecemento demográfico e…

11/07/2025