Categorías: Actualidade

Paloma Castro chama á Xunta a “reestablecer” o persoal sanitario no Centro de Saúde de Campolameiro: “Desmantelaron o centro prescindindo, nos últimos catro anos, dun médico e dun pediatra”

Critica o convenio de reforma do centro asinado por Xunta e concello, xa que é “insuficiente” e o seu cofinanciamento é “inasumible” para o municipio

A deputada pontevedresa Paloma Castro vén de pedir á Xunta que reestableza o persoal sanitario no Centro de Saúde de Campolameiro logo do seu “desmantelamento” por parte do Sergas cando “nos últimos catro anos, prescindiron dun médico e dun pediatra”. Fíxoo, hoxe, a través da presentación dunha iniciativa no Parlamento.

“O Centro de Saúde de Campolameiro é outro exemplo do desleixo do goberno de Feijóo coa sanidade pública e o abastecemento de servizos nos concellos do rural”, denunciou a vicevoceira do Grupo Socialista logo de sinalar que carece de persoal sanitario necesario para prestar “un servizo de calidade”, xa que conta cun cadro de persoal “que se reduce a un médico, unha enfermeira e un administrativo” para unha poboación aproximada duns 2.000 habitantes.

A maiores, incidiu, “hai que ter en conta que non se cobren as baixas ou as vacacións do persoal” co que “o centro queda sen asistencia” para as veciñas e veciños. “É intolerable”, censurou.

“MAL ESTADO DE CONSERVACIÓN DO EDIFICIO”

Doutra banda, Castro criticou o convenio de reforma do centro asinado por Xunta e concello “por valor de 94.812 euros” para “arranxar a cuberta e crear un novo soportal para o acceso dos pacientes dende unha ambulancia” que, ademais, “será cofinanciado, asumindo cada unha das partes o 50% do custo”.

“Isto non é suficiente, xa que o edificio se atopa en mal estado de conservación e ten múltiples carencias”, lamentou a responsable socialista, logo de censurar o cofinanciamento, xa que “sendo a Sanidade unha competencia autonómica e un servizo público esencial, o custo ten que ser asumido integramente pola Xunta e máis tendo en conta que para un concello como Campolameiro case 50.000 euros de investimento nesta obra é un gasto inasumible que suporá un prexuízo para outros servizos”.

Por último, Castro lembrou que, “hai uns meses, o alcalde do PP de Campolameiro anunciou que asinaría un convenio coa Xunta para levar a cabo reformas por valor aproximado de 130.000 euros” e que estas incluirían, entre outras cuestións “un ascensor que dese acceso ao primeiro andar, o acondicionamento dese andar, o cambio de fiestras, o arranxo de humidades ou a pintura”, cuestións “lamentablemente non se atopan no convenio asinado recentemente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38