Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena reivindica os 828 millóns de euros do Fondo Covid: “O goberno do Estado está cumprindo con Galicia como non cumpriu ningún goberno do PP

Sinala que “os feitos desmontan e desmenten ao señor Feijóo”, xa que Galicia “é a quinta comunidade do estado que máis fondos recibe” do Fondo Covid “moi por riba do seu peso poboacional”

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, vén de reivindicar os 828 millóns de euros do Fondo Covid que achegará a Galicia o goberno do Estado. Estes feitos, incidiu “desmontan e desmenten ao señor Feijóo”, xa que Galicia é a quinta comunidade autónoma que máis fondos recibe “moi por riba do seu peso poboacional”.

“O goberno do Estado está cumprindo con Galicia como non cumpriu ningún goberno do PP”, sinalou o vicesecretario xeral do PSdeG logo de incidir en que “máis alá das palabras están os feitos” como as rebaixas da AP-9, “un feito histórico para Galicia que se cuantifica en 2.300 millóns de euros” anuais ata 2048.

Así, o vicesecretario xeral criticou a “cortiña de fume marca do señor Feijóo” que “está creando e inventando un debate ficticio para tapar os problemas de Galicia” e, particularmente os da sanidade pública galega, que “son reais”.

Nesta liña, lamentou que esteamos “á cola do estado” en rastrexo covid, o peche de 600 camas na sanidade pública ou a situación dunha atención primaria “desbordada”, cuestión que ata “recoñece o conselleiro no Parlamento”.

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Outra mostra “da falla de compromiso e do escapismo” de Xunta e PP, censurou, “é que o conselleiro de Cultura veu a Coruña a tomarlle o pelo á cidadanía” cando “di que vai financiar a Orquestra Sinfónica de Galicia con 3,5 millóns de euros, o cal é falso”. “A Xunta segue incumprindo o convenio asinado en 2004, que establecía que, como mínimo, aportaría 3 millóns de euros”.

Neste senso, o vicevoceiro asegurou que o goberno galego ten unha débeda “de máis de 5 millóns de euros dos importes que se deixaron de pagar cando o señor Feijóo chegou á Xunta”. “É inaudito que unha administración pública incumpra un convenio asinado”, criticou.

PORTO EXTERIOR

Doutra banda, Arangüena lamentou a situación que está a vivir o porto exterior, no que se investiron 1.000 millóns de euros, “pero que non ten tráficos”, cuestión que “depende da Autoridade Portuaria, que ten un presidente e un consello de administración elixidos pola Xunta”.

“O presidente da Autoridade Portuaria ten que deixar de xogar co Powerpoint e de dicir que ten un proxecto que se chama Green Port para dicirnos como vai pagar o Porto da Coruña a débeda que ten co Banco Europeo de Inversións a partir de 2026 cando practicamente non ten beneficios e os tráficos están baixo mínimos”, sentenciou.

COMPROMISO DO GOBERNO DE ESPAÑA CON A CORUÑA

Noutro orde de cousas, Arangüena aplaudiu o “compromiso” do goberno de España coa cidade nunha lexislatura “que está sendo moi positiva para A Coruña en termos de compromisos de inversión”.

“Sobran exemplos”, subliñou, antes de enunciar “un conxunto de feitos que demostran que hai unha aposta do socialismo pola Coruña, sen contrapartida por parte da Xunta”, como a ampliación da Ponte da Paisaxe, a adxudicación da pasarela de Pedralonga, a reforma de Alfonso Molina ou o proceso de rexeneración da Ría do Burgo “na que a Xunta puxo cero euros”.

Ademais, destacou, “está encarrilado” o ferrocarril ao porto exterior, a intermodal ou a cidade das TIC, un proxecto que “vai servir para impulsar unha economía de alto valor engadido” e que “está impulsado pola universidade da Coruña co aval do goberno progresista de España”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29