Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena denuncia que a Xunta está “á cabeza de España en importe dos contratos adxudicados a dedo”

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, sinalou hoxe que a Xunta continúa “á cabeza de España en importe dos contratos adxudicados a dedo”. Así o dixo no debate dunha moción para reclamarlle á Xunta que cumpra coa Lei de Transparencia, limitando a contratación directa sen publicidade e remate coa opacidade, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista explicou que o goberno galego presentou finalmente o informe de contratación dos anos 2019, 2020 e 2021 logo da interpelación que presentou na pasada sesión plenaria, pero “con tres anos de retraso” e con datos imposibles de editar, dificultando a súa análise. En calquera caso, a Xunta de Galicia continúa concedendo “a dedo” o 40 por cento dos contratos, que eran menores -33,5 por cento- ou negociados con e sen publicidade -2,1 e 3,6-.

Arangüena lembra que a Xunta ten que cumprir a Lei de Transparencia, que obriga a publicar os contratos adxudicados segundo procedemento regularmente, “e non 3 anos despois”. Mentres, “seguen á cola en transparencia e na rapidez coa que se facilitan os datos” para agochar que “todo vale un euro menos de 40.000 euros nas obras e un euro menos de 15.000 nos subministros e servizos” para salvar o concurso público e poder conceder axudas a dedo.

Advertiu de que ao rexeitar esta iniciativa “están negándose a cumprir a Lei en materia de transparencia e contratación, a rematar coa opacidade en materia de contratación da Xunta de Galicia e a establecer unha previsión e planificación da contratación pública como fixa a Lei”. Acusou ao PP de converterse nun “partido antisistema, ademais dun partido saqueador do público, facendo méritos para converter Galicia nunha república bananeira”.

Acusou ao PP e ao goberno galego de “facer un lamentable seguidismo do seu compañeiro Baltar”, que á fronte da Deputación de Ourense asina o 80 por cento dos contratos “a dedo” na súa maioría con empresas vencelladas ao PP, e reparte o 80 por cento das axudas entre concellos do seu propio partido.

Arangüena citou o informe do Consello de Contas, que fiscalizou a contratación no ente provincial fronte ao documento presentado por aquela institución, supostamente louvando a transparencia da Deputación, pero que “fixo unha suposta plataforma chamada Dyntra, que non é unha organización nin unha empresa seria, senón un chiringuito”.

O abuso da contratación menor por parte do goberno galego, que explicou que debera ser residual, limita a liberdade de acceso, restrinxe a libre competencia, menoscaba as posibilidades de acceso das Pemes á contratación pública “que opera en Galicia de forma opaca, sen transparencia, concorrencia nin publicidade e con graves riscos de corrupción”.

Advertiu de que “non hai publicidade cando os datos publícanse con anos de retraso”,  e sinalou que “recompilar e publicar os datos de contratos da Xunta é soamente unha cuestión de vontade política, e se non o fan será porque non queren que ninguén analice o que fan cos cartos públicos”. Denunciou que así o PP “rexeitou a moción do PSdeG para mellorar a contratación pública en Galicia e reducir os contratos a dedo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04