Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena denuncia o silencio de Feijóo cando “o que se sabe do Caso Bárcenas comeza en Galicia e remata en Galicia”

O vicevoceiro do Grupo Socialista asegura que “hai probas suficientes de que o PP de Galicia foi dopado” ás convocatorias electorais durante dúas décadas, incluíndo “ás primeiras eleccións de Feijóo no ano 2009”

Sinala que “non é coincidencia” que a Xunta “mire para outro lado” co caso de corrupción de Louzán, ao tempo que “o último pago coñecido da caixa B sae do PP de Pontevedra”, organización da que el era presidente

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de denunciar que “Feijóo non dea a máis mínima explicación” cando “o que se sabe do Caso Bárcenas comeza en Galicia e remata en Galicia”.

“Tanto o ex xerente do PP, Cristobal Páez, como o propio Bárcenas, confirmaron que a última operación coñecida da caixa B do PP foi un pago en efectivo de 50.000 euros que procedía do PP de Pontevedra e que se repartiu en 2 sobres, a Rajoy e a Dolores de Cospedal”, sentenciou o socialista.

Así, Arangüena sinalou que na documentación “figura unha relación de ingresos de empresas por importe de 2 millóns de euros que era a contabilidade B do PP de Galicia cando Feijóo xa era presidente do partido en Galicia”. Malia isto, incidiu, “a día de hoxe o goberno do Sr. Feijóo non deu a máis mínima explicación convincente destes temas”.

“Pablo Crespo, ex secretario de organización do PP de Galicia, recoñeceu que o PP de Galicia estaba totalmente implicado na financiación ilegal do PP” e “asegurou que no PP de Galicia tamén houbo sobres”, remarcou o socialista. Isto, sinalou, “implica que, por moito que se queira tapar, hai probas suficientes de que o PP de Galicia foi dopado ás eleccións durante polo menos dúas décadas e, como mínimo, ás primeiras eleccións de Feijóo no ano 2009”.

FEIJÓO “RELATIVIZA OS FEITOS”, MALIA A SÚA “ENORME TRASCENDENCIA”

O vicevoceiro socialista sinalou que “mesmo na investigación do caso Kitchen fálase de documentos que probarían pagos en B en sedes do PP de Galicia, Valencia e Madrid” o que supón que Galicia “estea situada ao mesmo nivel que eses dous centros de corrupción que foron os feudos do PP de Valencia e de Madrid”.

Con respecto a esta investigación, Arangüena lamentou que “malia a enorme transcendencia dos feitos que xa se coñecen, o presidente da Xunta ten feito declaracións reiteradas sobre este asunto para relativizalo” ao argumentar que se trataba de feitos acontecidos hai 15 ou 20 anos, cando isto “non se axusta á realidade”, xa que “aborda feitos presuntamente cometidos nos anos 2013 e 2014”.

“NON É COINCIDENCIA” QUE A XUNTA “MIRE PARA OUTRO LADO” CO CASO DE CORRUPCIÓN DE LOUZÁN

“O Sr. Louzán manexa cada ano 400.000 euros de fondos públicos e está condenado por corrupción, pero a Xunta non fai nada ante isto cando ten ferramentas xurídicas máis que suficientes para actuar sobre os organismos directivos das federacións deportivas a través do Comité Galego de Xustiza Deportiva”, aseverou.

Ademais, Arangüena subliñou que a Xunta “mira para outro lado” cando “ten os medios para forzar politicamente a saída de Louzán”. Así, incidiu en que “non é unha coincidencia que o último pago da Caixa B do PP saíse de Pontevedra e que quen era presidente do PP de Pontevedra nese momento sexa hoxe presidente da Federación Galega de Fútbol, condenado por corrupción e que a Xunta mire para outro lado”.

“PREOCUPACIÓN” POLOS “ANTECEDENTES DE CORRUPCIÓN DO PP DE GALICIA” CON RESPECTO AO “MANEXO” DOS FONDOS PÚBLICOS NEXT GENERATION

“É fundamental que as administracións e as persoas que exercen a política se comporten dun xeito ético”, subliñou o responsable socialista, quen amosou a súa “preocupación” polos “antecedentes de corrupción do PP de Galicia e as implicacións que poden ter para o manexo das inxentes cantidades de fondos públicos que Galicia vai recibir dos fondos Next Generation

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27