Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena censura a negativa do PP a adoptar medidas para o saneamento integral das rías e ríos galegos ante a súa crecente contaminación

Reclamou un plan de rexeneración e que se fagan públicos de maneira accesible e transparente os datos de vertidos para axudar a paliar un problema ambiental, pero tamén económico e social

O voceiro de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, instou hoxe á Xunta a deseñar e impulsar un plan integral da rexeneración das rías e ríos de Galicia. Fíxoo este martes, Día da Auga, a través dunha moción debatida no Parlamento, na que ademais se marcaba o obxectivo de acadar o seu completo saneamento nun prazo de cinco anos, contemplando a necesaria colaboración técnica e orzamentaria co resto das administracións.

Arangüena suscitou esta necesidade ante o estado que presentan as rías e ríos galegos, que ademais están a padecer un preocupante aumento da contaminación pola inacción da Xunta. Malia as evidencias da falta de medidas e as eivas da política ambiental da Xunta, o Partido Popular votou en contra desta moción.

Esta negativa tamén implica o veto a outras dúas das peticións que lle realizaban ao goberno galego dende o Grupo Socialista: por unha banda, que publique e faga transparentes e accesibles, coa maior periodicidade e nivel de detalle posibles, os datos de vertidos producidos no ámbito xeográfico da súa competencia; e, por outra banda, que faga accesible á cidadanía, de maneira pública e transparente, o inventario de vertidos contemplado no plan de control de vertidos da Xunta.

Na súa intervención, Pablo Arangüena resaltou que o problema da contaminación das nosas rías non é so un problema medioambiental, senón tamén económico e social. Argumentou que na ría de Noia chegaron a mariscar 3.000 persoas, “o dobre que na actualidade”, na da Coruña chegaron a mariscar 2.000 persoas, cando “hoxe non hai practicamente marisqueo”, e na de Ferrol mariscaban hai menos dunha década 600 persoas, “que hoxe non chegan a 70”.

“E o mesmo fenómeno reprodúcese en todas e cada unha das rías de Galicia”, lamentou, “onde hoxe temos 14 zonas marisqueiras clasificadas como C e nas que, a causa da contaminación, non se permite a extracción de marisco sen pasar por un proceso prolongado de depuración”.  E iso, afondou, “sen contar que hai outras 98 zonas nas que tamén hai que depurar o marisco, aínda que sexa de xeito menos intenso”.

Unha situación semellante é a que sofren os ríos galegos. Os datos evidencian que dende que Feijoo chegou á presidencia da Xunta, o número de licencias de pesca pasou das 85.000 que había en 2009 ás 41.000 da actualidade. Case 50.000 pescadores menos dende que Feijoo chegou á Xunta en 2009.

Como exemplos da situación de “constante deterioro medioambiental dos ecosistemas fluviais”. Citou os reiterados vertidos ao río Furelos, en Melide. O último, en 2019, matou 10.000 troitas. Aquí, “a Conselleira de Medio Ambiente non fixo absolutamente nada nin como conselleira nin antes como alcaldesa para evitar máis de 15 anos de contaminación reiterada nun ecosistema que forma parte da Rede Natura”.  Situacións semellantes repetíronse de maneira habitual nos últimos anos noutros puntos de Galicia con vertidos ao aos ríos Deza e Asneiro, no río Xuvia ou no río Tambre.

Neste escenario, Arangüena advertiu que -segundo os “datos segredos e manipulados que facilitan con contagotas”- hoxe hai en Galicia un 27 por cento máis de puntos de vertido que en 2015 e un 10 por cento máis de puntos negros no último ano. “Isto”, puntualizou, “incluso asumindo a veracidade duns datos non contrastados independentemente e que, vulnerando a lexislación sobre transparencia, nin sequera están a disposición do público en ningún sitio malia que presumen vostedes de que teñen un inventario permanente de vertidos, pero que debe ser segredo”.

Ademais, todos estes exemplos xustifican, argumentou Pablo Arangüena, “algo tan elemental” como un plan integral de rexeneración dos ríos e rías de Galicia, que “incomprensiblemente hoxe non existe” como tal, e que se fagan públicos e transparentes os datos de vertidos que “hoxe, incomprensiblemente, son inaccesibles en Galicia”.

Ademais de falta de transparencia, Arangüena tamén acusou á Xunta de “falsear unha realidade teimuda”. Esa realidade é que 22 anos despois da entrada en vigor da directiva marco de augas -que lle permitiu recibiu inxentes cantidades de fondos europeos para saneamento- en Galicia “a contaminación non vai a menos senón que aumenta”. Culpou desta situación a “un goberno de trapalleiros, falsificadores e defraudadores verdes que, por acción ou por omisión, permiten que se contaminen as nosas rías e ríos e fan a vista gorda”.

O “PAPELÓN” DE FEIJOO

O deputado socialista puxo como mostra desta actitude as mentiras do presidente da Xunta no Parlamento. Así, tras dicir que a ría de Vigo estaba saneada e a de Arousa practicamente saneada, “os propios datos da Xunta desmentiron a Feijoo, porque na ría de Vigo había 209 puntos de vertido -dos cales 23 eran puntos negros- e na de Arousa había 444 puntos de vertido -dos cales 56 eran puntos negros”. “Xa sabemos que Feijoo mente coa mesma naturalidade coa que respira”, afirmou, “o que non lle coñeciamos era esa faceta de patinador profesional que está amosando dende que deu o salto a Madrid”.

Nesta liña, Arangüena evidenciou o “papelón” de Feijoo con declaracións que “cada 48 horas ofenden a media España ou a algún colectivo non pouco numeroso”. Como exemplos disto, aludiu ás palabras do presidente nas que negaba que a violencia vicaria fora violencia machista, as que utilizou para dicir que os ricos son ricos porque traballan máis ou nas descualificacións ao goberno central empregando o termo autista.

En consecuencia, “o xoves ofende ás mulleres, o sábado a todos aqueles que non somos ricos, e onte aos autistas, que son arredor de 450.000 neste país”. A maiores incidiu en que “hoxe disparata neste parlamento alertando de que o número de refuxiados procedentes de Ucrania pode crecer exponencialmente”. “A un presidente da Xunta hai que presumirlle que distingue entre unha progresión aritmética e outra xeométrica ou exponencial”, zanxou Arangüena.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29