Categorías: Actualidade

Os socialistas reclaman apoio real á I+D galega tras a caída do investimento durante os gobernos do PP

Julio Abalde: “O sector necesita políticas constantes, unha aposta decidida e unha senda de financiamento clara”

O deputado socialista alertou de que, en vez de converxer co resto de España, a fenda de gasto pasou de 99 euros por habitante a 110 cos gobernos de Feijoo e Rueda

O deputado do PSdeG Julio Abalde reclamoulle hoxe á Xunta un impulso real e decidido ao sector galego da I+D, que “medra menos que no resto de España e, por tanto, afástase da converxencia”. O parlamentario socialista sinalou a caída do investimento durante os gobernos do PP entre o 2010 e o 2018 como causa dun problema que, en parte, comezou a se reverter coa chegada de Pedro Sánchez ao Goberno central, cun “salto” que tivo continuidade a través dos fondos europeos a partir do 2020.

Na súa réplica ao conselleiro no pleno da Cámara autonómica, afirmou que “a ciencia ten que estar no centro de todas as políticas”. Porén, censurou a falta de ambición da Xunta. “Os proxectos que trae hoxe aquí son só unha pequena evolución do que xa había”, reprochoulle a Rodríguez.

Abalde repasou a evolución do gasto per capita en ciencia desde que o Partido Popular goberna. A diferencia respecto da media estatal situábase en 2019, en 99 euros. E no 2023 era xa de 110 euros. A fenda, por tanto, aumenta. E con respecto ao País Vasco pasa de 404 euros de diferenza de menor financiamento a 594 euros per capita dedicados a I+D no 2023.

O deputado socialista defendeu que Galicia xa dispón “dun bo ecositema de I+D”, pero “o sector necesita políticas constantes, unha aposta decidida e unha senda de financiamento clara”. Apuntou tamén que o mellor xeito de potenciar o talento galego “é axudar ás universidades e aos centros de investigación vinculados a elas”. “O único que teñen que facer é apoiar ao sistema”, insistiu, e avogou por unha lei de ciencia que “salvagarde os fondos dedicados a ciencia dos vaivéns económicos e políticos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026