Categorías: Actualidade

Os socialistas piden ao comisario europeo de Medio Ambiente apoio para a restauración dos danos causados polos pélets

González Casares: “Enfrontámonos a una marea de incompetencia, ocultación e mentiras do Goberno da Xunta”

Bruxelas, 18 de xaneiro de 2024

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares reuniuse co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, para pedirlle “mellor coordinación europea para afrontar a crise ambiental ocasionada polos pélets e apoio para a restauración dos danos que provocaron sobre os ecosistemas”. Ademais, defendeu a necesidade de “estender o regulamento contra a contaminación por pélets ao comercio marítimo internacional e establecer a xeolocalización obrigatoria de contedores para axudar á xestión en caso de accidente”.

González Casares denunciou a “marea de incompetencia, ocultación e mentiras por parte do goberno autonómico, do goberno do PP, que se pasou semanas negando a importancia dunha contaminación, e cuxa nefasta xestión deixou a concellos e cidadáns á súa sorte nas tarefas de limpeza”.

O eurodeputado socialista lembrou tamén que “mentres Rueda negou a realidade durante un mes e ata hai uns días non pisou un areal”, o candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, “foi o primeiro en achegarse ás praias e comprobar en persoa o desastre ambiental que había”. Así mesmo, puxo en valor que o socialista mantivo unha reunión de coordinación cos alcaldes e alcaldesas dos municipios afectados, “o que debería ter feito a Xunta dende o primeiro día”, apuntou.

Ademais, sinalou que os pélets son “un serio risco para a saúde e o medio ambiente, que hai que combater, como fan a Comisión e o Goberno de España”. Por iso, insistiu na necesidade dunha lexislación europea “reforzada e ambiciosa, como a que propuxemos os socialistas no Parlamento Europeo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23