Categorías: Actualidade

Os socialistas denuncian unha nova alianza do PP coa ultradereita en contra do uso do galego

Obdulia Taboadela censurou no Congreso “o boicot á nosa lingua” por parte dos populares mentres “enredan” cun pacto polo idioma que só pretende tapar a caída de falantes

A deputada do PSdeG cualificou de “escándalo” que o mesmo partido que goberna a Xunta se posicione en contra dos dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas na UE

O Partido Popular aliouse esta mañá no Congreso con VOX para sacar adiante unha iniciativa contra uso do galego nas institucións europeas. Os populares pactaron co grupo de ultradereita o apoio a unha proposición non de lei a través da que instaban ao Goberno a deter “de maneira inmediata” as xestións para formalizar o uso das linguas cooficiais (galego, éuscaro e catalán) na UE.

Durante a súa intervención na Comisión Mixta para a Unión Europea, a deputada socialista Obdulia Taboadela criticou o que cualificou de “escándalo” e “boicot á nosa lingua” por parte do mesmo partido político que goberna a Xunta e que, por tanto, ten a responsabilidade de defendela. Censurou tamén que se opoña ao seu emprego mentres en Galicia “enreda” cun pacto pola lingua que parece ter como único obxectivo ocultar a dramática caída de falantes. De feito, os datos do IGE sitúan por primeira vez o galego como o segundo idioma da comunidade.

A parlamentaria do PSdeG desmontou os tres argumentos que emprega a extrema dereita para xustificar os seus ataques ao galego e ás outras linguas cooficiais: “A legalidade, a liberdade e a grandeza de España”. Sobre o cumprimento das leis, recordou que existe desde hai 20 anos unha normativa para o uso de linguas cooficiais no seo das institucións do Consello da UE. “Ademais, distintas normas e resolucións fan continuas referencias á necesidade de respecto dos dereitos lingüísticos”, detallou. Mais, ao contrario, a iniciativa de Vox que os populares decidiron avalar cos seus votos “vai en contra de cumprir a Lei e das resolucións europeas”.

En canto á liberdade, Taboadela recriminoulles aos parlamentarios de PP e Vox que se posicionan, precisamente, contra “o primeiro acto de liberdade, o máis elemental”, como é permitir á cidadanía “utilizar a súa lingua materna nos varios contextos da súa vida, tamén na súa relación coas administracións”. Finalmente, respecto do que a ultradereita denomina “a grandeza de España”, a deputada do PSdeG afirmou: “A diversidade é riqueza”. Por tanto, a iniciativa que a dereita defendeu só está “a favor dunha España pequena”.

Un rexeitamento “sistemático”

Obdulia Taboadela censurou que, unha vez máis, o PP se opoña ao uso do galego. Xa o fixo no Congreso e no Senado, e agora tamén no Parlamento Europeo. “No caso de Vox, non nos estraña nada”, dixo, pero lamentou que no caso dos populares xa se converteu nun rexeitamento “sistemático”.

Fronte a esa alianza da dereita e a extrema dereita “que Nega os dereitos lingüísticos”, e fronte a unha Xunta de Galicia que é “o único Goberno dunha autonomía con lingua propia que vota en contra de que os seus cidadáns a poidan falar co resto de administracións”, un socialista, José Ramón Gómez Besteiro, “foi o primeiro que falou en galego no Congreso”, recordou Taboadela como mostra da distancia entre as políticas lingüísticas de socialistas e populares. 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG reforza as medidas para loitar contra o machismo e previr o acoso

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez e a secretaria de Igualdade do partido, …

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Portos que amplíe os pantaláns do porto de Lorbé comprometidos en 2023

Silvia Longueira urxe ao goberno galego a executar canto antes a dragaxe deste porto de…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista ve “perigosa e inaceptable” a modificación da Lei de Portos que aumentou ata os 75 anos as concesións na costa

Carlos López Font denunciou que o cambio normativo facilitou a discrecionalidade: “A Xunta decide unilateralmente…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de “maltratar” aos traballadores da autovía do Salnés logo do seu rescate

Paloma Castro sinala que o goberno galego está a demostrar que “nin xestión pública, nin…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025