Categorías: Actualidade

Os socialistas denuncian o voto do Partido Popular “contra os postos de traballo en Alcoa”

A deputada Patricia Otero criticou na Mariña que “se as bonificacións do 80 % nas peaxes de acceso á rede para as electrointensivas non están hoxe vixentes é por culpa do PP”

O senador César Mogo mostrou o apoio do PSdeG á alcaldesa de Viveiro e cualificou de “incomprensible” que unha formación progresista planee darlles o goberno aos populares

O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, valorou o impulso á autovía A-74 por parte do Goberno central e reclamoulle á Xunta que estea “á altura” e desbloquee a VAC Costa Norte

O senador César Mogo e a deputada Patricia Otero fixeron hoxe balance na Mariña, acompañados polo alcalde de Foz, Francisco Cajoto, das últimas iniciativas do Goberno que afectan á comarca. Tamén do bloqueo sistemático do PP no Parlamento a medidas que melloran os servizos públicos, as condicións de vida da cidadanía e o desenvolvemento económico.

Especial mención fixo Otero sobre os efectos da negativa dos populares a apoiar o decreto que o Goberno someteu a votación no Congreso o pasado 23 de xaneiro, aínda que moitas das medidas que os de Feijoo trataron de tombar saíron adiante esta semana por mor do traballo dos socialistas para acadar acordos á marxe da alianza de dereita e ultradereita. No que afecta de xeito directo á comarca da Mariña, a deputada no Congreso recriminoulle ao PP que coa súa negativa fixera decaer as bonificacións do 80 % ás empresas electrointensivas no referido ás peaxes de acceso á rede. “O que fan é un paripé, porque din que defenden Alcoa e o mantemen dos postos de traballo e despois votan en contra das axudas que puxo en marcha o Goberno socialista”.

“Se esas bonificacións do 80 % nas peaxes de acceso á rede para as electrointensivas non están hoxe vixentes é por culpa do PP”, remarcou Otero. “Votaron contra Alcoa e contra os postos de traballo”, resumiu. Pola contra, o Executivo central “traballa a prol da industria electrointensiva da comarca aumentando as axudas para compensar as emisións de CO2”, que pasaron de 300 millóns no 2024 a 600 no 2025, mentres que cando gobernaba o PP eran de só 6 millóns.

“Cumprimos a nosa palabra”, afirmou a parlamentaria socialista para poñer en valor a aprobación, este mércores, da revalorización das pensións conforme ao IPC, da suba do salario mínimo ou a continuidade dos bonos gratuítos de transporte, entre outras medidas.

O alcalde de Foz valorou, pola súa banda, o impulso que o Goberno lle acaba de dar a autovía A-74 coa exposición pública do proxecto para o tramo entre Barreiros e O Carme. “É unha moi boa nova”, dixo Francisco Cajoto sobre unha infraestrutura “fundamental” para a comarca. O rexedor demandou que agora a Xunta estea “á altura” e desbloquee a vía de alta capacidade (VAC) Costa Norte, logo de sucesivos gobernos do PP sen ningún avance nun trazado que debe  darlle continuidade á autovía do Estado e conectar a zona norte da provincia lucense con Ferrol.

César Mogo criticou que esta semana os senadores do PP por Lugo intentasen “enredar” sobre cuestións que afectan á provincia, como Alcoa ou Altri, para tratar de converter a Cámara Alta “na caixa de resonancia dos intereses do PP e non dos veciños e veciñas de Lugo”. Pero, ao contrario do que pretendían “o señor Balseiro e o señor Barreiro foron a por lá e saíron trasquilados”, afirmou o senador, xa que o Goberno puxo de manifesto o seu compromiso con Alcoa e os “deberes” da Xunta, e no caso de Altri demostrou que a súa posición “é exactamente a mesma que a do PSdeG”.

“A cidadanía de Viveiro votou maioritariamente progresista”

“É o mesmo PP que esta semana votou contra a utilización do galego nas institucións, o mesmo PP que votou contra as electrointensivas poñendo en risco a viabilidade de Alcoa, o mesmo PP que vota en contra da suba das pensións… O mesmo PP que leva 20 anos afogando a Viveiro sen facer a variante”, enumerou Mogo, que cualificou de “sorprendente e incomprensible” que un partido que concorreu ás eleccións como unha forza polítca progresista, “e que se dirixiu aos electores progresistas”, estea agora estudando darlles a alcaldía de Viveiro aos populares.

O senador, que lle trasladou á alcaldesa, María Loureiro, “todo o apoio do Partido Socialista e de todos e todas os socialistas lucenses”, lembrou que “a cidadanía de Viveiro votou maioritariamente progresista” no 2023, non para que a súa papeleta sirva para que goberne o PP. Por ese motivo, chamou á “coherencia e ao sentido común”. O contrario, asegurou, sería “un engano” tanto á veciñanza como aos propios integrantes de Por Viveiro, que, de pactar cos populares, acabaría “escaldados”, tal como están a demostrar as primeiras baixas de afiliados. 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa a Medio Rural de empregar comparecencias no Parlamento para autobombo e entorpecer o traballo de control por parte da oposición

Lara Méndez aféalle ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que acuda á Cámara…

11/07/2025
  • Uncategorized

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “abandone a pasividade” e poña en marcha unha estratexia “real e eficaz” fronte ao cancro do castiñeiro

Carmen R. Dacosta reclama actualizar e reforzar o programa de control biolóxico da praga que…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle a Educación a revisión en profundidade do programa E-Dixgal

Julio Abalde alerta de que a falla de recursos e o deseño do programa polo…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista pide explicacións á Xunta sobre as medidas para acoller menores migrantes e advirte da emerxencia xenófoba que promoven PP e Vox

En Galicia residen actualmente máis de 177.000 persoas migrantes que contribúen ao crecemento demográfico e…

11/07/2025