Categorías: Actualidade

Os socialistas alertan de que Rueda só gastou 1 de cada 10 euros do programa de acceso á vivenda

Carlos López Font advertiu de que “isto non é novo”, xa que os gobernos do PP “deixaron sen executar 270 millóns destinados a políticas de vivenda desde o 2009”

O deputado do PSdeG lamentou o “catálogo de escusas” dos populares e que “lembren agora a política de vivenda, cando non lles preocupou durante 15 anos” 

O deputado socialista Carlos López Font alertou hoxe no pleno do Parlamento galego sobre a baixa execución dos fondos incluídos na partida 415B do Orzamento da Xunta, “que ten unha denominación moi concreta: Acceso á vivenda”, explicou.

Font formulou na sesión desta mañá unha pregunta á conselleira sobre esa situación, tendo en conta que a devandita partida orzamentaria “debe permitir políticas inmediatas para solucionar o principal problema que preocupa hoxe aos galegos e galegas”. Pero os datos que publica a propia Administración autonómica indican unha execución de só un 10,3 % no terceiro trimestre do 2024, un dato que “non pode ser máis negativo”.

Durante a súa intervención, lamentou que os malos datos veñen de lonxe. “Isto non é novo”, sinalou respecto do feito de que os gobernos do PP “deixaron sen executar 270 millóns destinados a políticas de vivenda desde o 2009”.

O mesmo día que Rueda aseguraba na Cámara autónoma que o problema da vivenda “ocupa e preocupa” ao seu Executivo, o deputado do PSdeG preguntábase se o baixo nivel de execución “vai seguir sendo a tónica xeral” ou se, pola contra, o Goberno do PP ten pensado facer algo para reverter esa “desastrosa situación”.

Lamentou tamén que Rueda e o PP “lembren agora a política de vivenda, cando non lles preocupou durante 15 anos” e cuestionouse “para que serven todos eses programas que anuncia nas súas comparecencias” a conselleira.

López Font cualificou de “catálogo de escusas” os pretextos e xustificacións da titular de Vivenda, e recordoulle que Rueda asegurou que ía poñer a vivenda “no centro das súas políticas”. “Tócalle a vostede traballar”, advertiulle.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de “maltratar” aos traballadores da autovía do Salnés logo do seu rescate

Paloma Castro sinala que o goberno galego está a demostrar que “nin xestión pública, nin…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025
  • Actualidade

Lara Méndez sinala que as informacións sobre o presunto acoso sexual en Lugo producen “tristeza” e “repugnancia” e anuncia un pronunciamento contundente do PSdeG

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…

10/12/2025
  • Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…

08/12/2025
  • Actualidade

A Xunta volve incumprir a obriga legal de aprobar o Pladiga antes do 31 de outubro

Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…

08/12/2025