Categorías: Actualidade

O Senado aproba a nosa proposta para “poñer a primeira pedra” no desenvolvemento do FFCC de Cercanías no Eixo Atlántico

O Senado vén de aprobar hoxe, por 25 votos a favor e 2 abstencións, unha moción presentada polo coordinador dos socialistas galegos en Congreso e Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga, que pon “a primeira pedra” para desenvolver o ferrocarril de Cercanías no Eixo Atlántico. Leiceaga presentou esta proposta cunha intervención na que defendeu incorporar o territorio galego no desenvolvemento do proxecto “Cercanías 25” do goberno de España.

Fernández Leiceaga levou a iniciativa á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Senado, onde propuxo tratar as liñas rexionais de media distancia “como transporte de proximidade”, pola súa utilidade fronte á alta demanda de mobilidade entre os núcleos urbanos do Eixo Atlántico.

A iniciativa aprobada hoxe reclama “impulsar o transporte ferroviario de proximidade dende un enfoque global, integrador, inclusivo e orientado a mellorar a experiencia de viaxe ao usuario”. Propón ademais desenvolver esta tipo de liñas en Galicia “previa avaliación dos beneficios económicos, sociais e medioambientais

Fernández Leiceaga apunta que o noroeste español constitúe un “baleiro manifesto” nos servizos de Cercanías do territorio español, desenvoltos en 11 núcleos correspondentes a oito comunidades autónomas dependentes do Estado central, ademais da rede catalá, os ferrocarrís vascos e outras redes menores.

Estes servizos precisan de aglomeracións urbanas que demanden mobilidade alta ou cidades próximas con fortes interrelacións e cunha infraestrutura ferroviaria desenvolta, o que si existe en Galicia. Explica que o Eixo Atlántico constitúe unha “aglomeración urbana virtual próxima aos dous millóns de habitantes dende a comarca de Ferrol ata a fronteira portuguesa”.

Fernández Leiceaga sinala que, malia que o territorio pode definirse como urbano “so de maneira aproximativa”, en realidade funciona “como un conxunto integrado e policéntrico”. Son 16 comarcas que constitúen unha cuarta parte da superficie de Galicia pero que “aglutinan dous terzos dos habitantes e xeran unha proporción aínda maior da súa riqueza”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29