Categorías: Actualidade

O PSdeG sinala que a sanidade galega é o “burato negro do PP de Rueda”

José Manuel Lage sinala que “o conselleiro de Sanidade está na picota”, e empraza ao presidente da Xunta a “tomar decisións ou ser cómplice de quen levou o sistema sanitario ao colapso”

Aplaude a sentenza do TC desestimando a demanda do PP contra a Lei de Costas negando inseguridade xurídica, que “deixa claro que o que contaban era falso e que debe de preservarse o emprego e a economía en torno ao mar – industria

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, sinalou hoxe que “a sanidade galega é o burato do PP e de Rueda”, logo de 13 anos de goberno que acabou co “colapso” do sistema sanitario galego. Sinaloulle ao presidente da Xunta que “non vale que se agoche baixo o disfraz de comentarista ou tertuliano” cando ten a competencia plena nesta materia.

O responsable socialista presentou un informe interno elaborado polo PSdeG entre abril e xuño nos concellos de máis de 20.000 habitantes que constata unha espera de 8,5 días para ter cita en atención primaria. Esta situación, dixo, coincide coa decisión dos pediatras do Hospital de Ourense de pedir o amparo da Valedora “porque o goberno galego fai ouvidos xordos aos seus SOS” pola falla de cobertura das baixas profesionais.

Urxiu ao goberno galego a “tomar decisións de inmediato” diante da situación límite da sanidade, que provoca casos como o da parella de Cambados que esta mesma semana fixo público que tivera que acudir á privada para facerlle a revisión imprescindible ao seu bebé recén nacido.

Responsabilizou ao PP do “deterioro da sanidade pública ano tras ano”, que situou a Galicia como a terceira pola cola en médicos activos por habitante, e presenta a peor ratio de médicos por habitante. Sinalou que a orixe desta situación estriba en que o gasto sanitario nos servizos primarios de sanidade é o segundo peor do Estado, tan só por riba de Madrid.

A situación, dixo, “require que o presidente da Xunta adopte decisións e deixe de mirar para outro lado”, porque Galicia ten hoxe case 1.000 profesionais menos en Atención Primaria que cando o PP chegou ao goberno en 2009. Sinalou que o descenso no orzamento da sanidade este ano, un 1,9 por cento menos que en 2021, é “boa mostra do deterioro e de que a sanidade non é unha prioridade para o PP”.

Censurou a “xestión neglixente e ineficaz do goberno galego”, que entre 2009 e 2018 deixou sen convocar 151 prazas MIR de médicos habilitadas para Galicia e ás que renunciaron. Sinalou ademais o caso concreto de Medicina Interna do Hospital de Santiago, onde ningún dos profesionais ten menos de 45 ano, a pesares de que forman dous especialistas ao ano que, dixo, “a pregunta é onde están”.

A resposta, engadiu, é que o goberno galego “ofrece precariedade e non ofrece condicións dignas a quen se forma nos nosos hospitais”, polo que “gastamos recursos en formar médicos e médicas pero non temos capacidade para retelos nos nosos hospitais”. “Supoño -apostillou- que o PP será reponsable de algo logo de 13 anos de goberno” con competencias plenas en materia de Sanidade.

O conselleiro na picota

O responsable socialista sinalou ao conselleiro de Sanidade e ao seu equipo como “responsable de levarnos ata onde estamos” e apuntou que se atopa “na picota” por canto “debe ser Alfonso Rueda quen decida se quere continuar con neste equipo que levou á sanidade pública ao colapso”.

Engadiu que “O presidente da Xunta ten que tomar decisións, e se non as toma será corresponsable absoluto e ten que responder de que hoxe os galegos e as galegas tarden máis de unha semana en ter unha cita co seu médico de cabeceira”. Lage Tuñas subliñou que “con Touriño non pasaba” porque “cando os socialistas gobernabamos en Galicia non había listas de espera en Atención Primaria”.

Recurso contra a Lei de Costas

O secretario de Organización do PSdeG amosou a súa satisfacción pola recente sentenza do Tribunal Constitucional desestimando a demanda do PP contra o artigo 20 da Lei de Costas negando que existira inseguridade xurídica, como alegaban os conservadores. Dixo que esta decisión “deixa ben claro que o que contaba o PP era falso”, e “clarifica que debe de preservarse o emprego e a economía en torno á cadea mar – industria”.

Lage Tuñas ratificou que “o PSdeG defende a continuidade de tódalas concesións do mar – industria na nosa costa, máis de 230 empresas e milleiros de postos de traballo con gran impacto na economía do país”. Sinalou que “goberne quen goberne, o PSdeG está en clara defensa dos intereses de Galicia e dos traballadores e traballadoras das industrias e das empresas nanosa costa.

Finalmente, trasladou a súa “preocupación” polo retraso da chegada dos trens para a liña AVE a Galicia por un retraso da concesionaria, e reclamou “contundencia e celeridade” para actuar e penalizar ao provedor, porque “non valen escusas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27