Categorías: Actualidade

O PSdeG recolle as demandas dos representantes do SUP para poñer en valor as reivindicacións do colectivo

O secretario de Función Pública da executiva do PSdeG destaca a necesidade de dotar de ferramentas aos que nos protexen para que “poidan facer o seu traballo e protexerse a si mesmos”

A dirección do PSdeG-PSOE recolleu hoxe as demandas presentadas polo Sindicato Unificado de Policía (SUP), no transcurso dunha reunión mantida na sede da rúa do Pino, en Santiago, e na que estiveron presentes Marta Rouco e Rafael Cotelo, secretarios de Seguridade e de Función Pública da executiva do PSdeG.

O secretario xeral do SUP, Roberto González, e Jesús Vasconcellos, xefe da unidade Tedax de Galicia, acudiron ao PSdeG para falar das demandas máis urxentes deste colectivo, que van dende a necesidade de reformar o catálogo de postos de traballo para as comisarías de Galicia e poder contar con unha Unidade de Prevención e Reacción en Lugo, Ferrol e Pontevedra.

O responsable do SUP fixo referencia a varias comisarías locais en situación de falta de efectivos, como a de Ribeira, que se atopa con un déficit claro de persoal debido ao traslado de profesionais. Manifestou a necesidade de impulsar a creación dunha brigada móbil en Ourense, xa que coa chegada do AVE á localidade hai un incremento de viaxeiros, sendo fundamental garantir a seguridade na estación e controlar a delincuencia itinerante que chega a Galicia a través desa estación.

O xefe da unidade Tedax de Galicia destacou a problemática da centralización dos servicios nas chamadas a emerxencia na que contan con só dúas liñas, Coruña e Vigo. Existe unha saturación por falta de operativos e o volume das chamadas que recibe o 091 provoca un servizo caótico que deixa chamadas sen responder en algúns casos. Pasa o mesmo nos casos de ciberdelitos nos que a minoría de persoal fai que non se podan atender todas as denuncias.

Pola súa banda, Rafael Cotelo expón que “é unha obriga pola nosa parte dotar aos que nos protexen de ferramentas para que poidan facer o seu traballo e protexerse a si mesmos”. Ante a falta de efectivos o PSdeG intentará paliar a situación e resolvela da mellor maneira, apoiar o colectivo para que poidan contar con máis persoal, mellorar as infraestruturas e as súas condicións laborais que facilita o desempeño do seu traballo, que garante a seguridade dos galegos e galegas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38