Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG marcará esta fin de semana o Camiño da Esquerda Galega con proxecto e capacidade de goberno

Co lema “A Esquerda que Pode”, os socialistas reivindican unha esquerda forte e con proxecto porque “somos unha esquerda de acción, con capacidade de gobernar e de mellorar a vida da xente, como xa facemos en moitas cidades e vilas galegas”, destacou o secretario xeral.

 

Besteiro deixou claro que este Congreso “non será un trámite”, senón un punto de inflexión para fortalecer ao PSdeG e preparar un proxecto político sólido para o futuro de Galicia. “Aquí non hai inmobilismo, hai ideas, equipo e ambición por construír unha Galicia máis xusta e con máis oportunidades”

 

O 15º Congreso Nacional do PSdeG celebrarase esta fin de semana cun obxectivo claro: reforzar o proxecto socialista en Galicia cunha esquerda útil, con capacidade de goberno e compromiso coa cidadanía. “Somos a esquerda de Galicia, a que sempre estivo á fronte dos avances sociais e das políticas que melloran a vida da xente. E este Congreso servirá para afondar nese camiño”, sinalou José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas galegos no acto de presentación celebrado este mediodía na Cidade da Cultura.

 

Besteiro, que estivo acompañado por Paula Fernández, alcaldesa de Silleda en representación del comité organizador,  e o secretario de Organización do PSdeG, Luis Ángel Lago Lage, quixo deixar claro que este Congreso “non será un trámite”, senón un punto de inflexión para fortalecer ao PSdeG e preparar un proxecto político sólido para o futuro de Galicia. “Aquí non hai inmobilismo, hai ideas, equipo e ambición por construír unha Galicia máis xusta e con máis oportunidades”, afirmou.

 

Co lema “A Esquerda que Pode”, os socialistas reivindican unha esquerda forte e con proxecto porque “somos unha esquerda de acción, con capacidade de gobernar e de mellorar a vida da xente, como xa facemos en moitas cidades e vilas galegas”, destacou o secretario xeral.

 

Explicou tamén que un dos piares fundamentais deste Congreso será a ponencia política, que se elaborou mediante un proceso de participación amplo, no que se presentaron máis de 500 achegas. “Será a ponencia das cen mans que se converteu na de milleiros de militantes. Un documento de referencia para definir o noso modelo de país e a Galicia que queremos”, sinalou ante os medios. Nesta liña, sinalou que o PSdeG reafirma a súa posición sobre o financiamento autonómico, defendendo un modelo solidario e xusto fronte á falta de iniciativa do PP galego.

 

“Estamos ante unha batalla cultural e política”

 

A imaxe do Congreso está representada por unha rosa, símbolo do socialismo e da Internacional Socialista. Besteiro subliñou que “a rosa representa os nosos valores fundamentais: igualdade, xustiza social, solidariedade e liberdade. Nun momento no que os dereitos e liberdades están sendo cuestionados en todo o mundo, reafirmamos o noso compromiso cunha Galicia máis igualitaria e xusta”.

 

 

Neste sentido, advertiu do contexto actual, marcado pola volta de Donald Trump e o auxe dos movementos ultraconservadores e ultranacionalistas en Europa e no mundo. “Estamos ante unha batalla cultural e política contra quen pretende desmantelar os avances en dereitos e liberdades. España e Galicia non son alleas a esta ameaza, e máis que nunca, o PSdeG ten a responsabilidade de defender os valores do socialismo fronte á regresión que algúns queren impor”, afirmou.

 

Catro áreas de debate

 

O Congreso, que se desenvolverá entre o 8 e o 9 de marzo e contará na clausura coa presenza de Pedro Sánchez e na inauguración coa intervención do ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e secretario de Xustiza do PSOE, Félix Bolaños,  estruturarase en catro áreas de debate: igualdade, prosperidade sostible, equidade e mellora do funcionamento interno do partido. Besteiro subliñou que “as propostas que sairán deste Congreso están baseadas nun proceso de escoita activa e na participación activa da militancia”.

 

Así mesmo, a nova dirección do PSdeG que se elixirá esta fin de semana estará marcada polo diálogo e o consenso, coa premisa de conformar un equipo “preparado para afrontar os retos de Galicia con impulso e determinación”.

 

Besteiro concluíu que “o domingo, cando saian deste Congreso, o PSdeG será un partido renovado e máis forte ca nunca. Un partido con proxecto, con equipo e coa capacidade real de liderar o cambio que Galicia necesita”.

 

O secretario xeral do PSdeG iniciou a súa intervención ante os medios cunha lembranza a Paula Alvarellos, recentemente falecida, destacando o seu legado como referente do socialismo e da política municipal. “Paula era unha socialista de principios, unha defensora incansable dunha Galicia máis xusta e unha servidora pública exemplar. O seu recordo e compromiso seguirán sendo inspiración para todos e todas nós”, expresou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026