Categorías: Actualidade

O PSdeG esíxelle a Xunta e PP que “fagan os deberes en Bruxelas” para frear a competencia desleal de aluminio, aceiro e cemento fabricados por industrias contaminantes de fóra da UE

Nicolás González Casares sinala que a petición do PP de adiar a posta en marcha do axuste de carbono en fronteira provoca inseguridade xurídica e pon en perigo o emprego na industria galega

 

O europarlamentario galego do PSdeG, Nicolás González Casares, reclamoulle hoxe ás conselleiras de Medio Ambiente e Industria que “deixen de dicir estupideces climáticas” e “fagan os deberes en Bruxelas” para frear a chegada de aluminio, aceiro, cemento ou enerxía producida por industrias contaminantes de fora da UE. Criticou así que o PP galego “non faga nada” diante da petición dos seus homólogos europeos de adiar a posta en marcha do mecanismo de axuste de carbono en fronteira -CBAM-.

 

O responsable socialista aludiu ás recentes declaracións da conselleira de Medio Ambiente, que se presentou en Fitur esta semana para “vender” Galicia como refuxio climático empregando datos falsos. A conselleira “presumiu” de que a temperatura subira en Galicia 0,20 graos fronte aos 0,25 do resto da Península, cando a realidade é que segundo os datos oficiais subiu 1,3 graos en 2024, e que ademais o clima “non é estanco”.

 

Reclamoulle á conselleira Vázquez e á titular de Industria que se centren en frear a petición do PPE, que quere adiar a entrada do axuste de carbono en fronteira dende 2026 ata 2028, permitindo a chegada de materiais máis baratos que non pagan a pegada de CO2 e que esta é moitísimo maior que os producidos en Galicia.

 

Reclamoulle ao PP e á Xunta que “reaccionen e defendan de verdade as aspiracións da industria galega en Bruxelas”. Advertiu que a decisión do PPE pon en perigo “moitísimos postos de traballo” ao competir co aluminio producido por Alcoa, que xa é moito menos contaminante, a produción de aceiro na Coruña, a cementeira de Sarria, ou a produción de hidróxeno, dunha importancia crecente en Galicia.

 

Explicou que o mecanismo trata de “equilibrar o campo de xogo” e garantir “seguridade xurídica” para os investimentos da industria galega, e por iso é o que están pedindo as patronais do aluminio, o cemento e o aceiro. Puxo como exemplo o caso da produción de aluminio de Alcoa que agora conta cunha pegada de carbono moito máis baixa, está a investir en renovables para descarbonizar a súa produción, achegándose ao aluminio verde, pero que se atopa cun mercado desequilibrado.

 

Subliñou que se o goberno galego non fai nada diante da petición do PPE, poñerán en perigo estas industrias, polo que lles reclamou que garantan que “outros que están producindo provocando moita maior contaminación e aforrando custes paguen polo CO2 que emiten”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica en Ferrol o carácter público de Navantia fronte á “ameaza” de privatización pola “axenda ultra” do PP

O líder dos socialistas defendeu o esforzo inversor do Goberno de Pedro Sánchez e o…

14/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa a Medio Rural de empregar comparecencias no Parlamento para autobombo e entorpecer o traballo de control por parte da oposición

Lara Méndez aféalle ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que acuda á Cámara…

11/07/2025
  • Actualidade
  • Uncategorized

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que “abandone a pasividade” e poña en marcha unha estratexia “real e eficaz” fronte ao cancro do castiñeiro

Carmen R. Dacosta reclama actualizar e reforzar o programa de control biolóxico da praga que…

11/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle a Educación a revisión en profundidade do programa E-Dixgal

Julio Abalde alerta de que a falla de recursos e o deseño do programa polo…

11/07/2025