Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia que Rueda “non se entera” do que pasa en Bruxelas e que quere tapar “o seu fracaso” no desenvolvemento das enerxías renovables

Nicolás González Casares lembra o compromiso asinado entre Enagás e Reganosa para construír o hidroducto e acusa ao presidente da Xunta de “intentar tapar a súa propia incompetencia”

O eurodeputado galego do PSdeG, Nicolás González Casares, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “tapar a incompetencia da Xunta durante estes últimos anos”. Criticou que o presidente galego non fixo “ningún traballo nas institucións europeas” para que o hidroducto Guitiriz – Zamora fora apoiado pola Comisión Europea e deixou a Galicia sen desenvolvemento renovable.

Acusou a Rueda de “tapar a súa incompetencia” logo das súas críticas ao mapa enerxético da Comisión Europea, unha decisión que é “puramente europea e baseada nun Regulamento Europeo” no que o goberno de España non ten “nada que ver”.

O responsable socialista replicou que o presidente da Xunta “mesmo sabe que o hidroducto Guitiriz – Zamora vai ser construído por Enagás” en base ao compromiso asinado con Reganosa, como lembrou onte mesmo o conselleiro delegado da primeira, Arturo Gonzalo Aizpiri.

Lamentou que Rueda “non se entera absolutamente de nada do que pasa en Bruxelas, non ten capacidade de negociación” e renunciou a facer ningunha xestión para que a Comisión Europea apoiara o hidroducto. Advertiu que “non ten ningún poder, ningunha influenza e vemos como anda desorientado en tódalas decisións europeas”, onde o único que atopa son “portazos na faciana” como o que lle deu Von der Leyen.

Conexión co Norte de Portugal

Acusou ao presidente da Xunta de omitir deliberadamente que a Comisión Europea apoia a interconexión eléctrica do Norte de Portugal con Galicia, que será “moi beneficiosa para a produción de hidróxeno verde. Esta permitirá unha “gran interconexión” entre dúas rexións produtoras de renovables e que derivará nun “alto mix renovable que proporcionará seguridade aos produtores de hidróxeno”.

Uns produtores que polo demais teñen que loitar contra o desinterese do goberno galego, que “pon atrancos e non é capaz de sacar adiante” os proxectos. Lembrou que a lista presentada pola Comisión Europea inclúe proxectos para electrolizadores -que transforman a auga en hidróxeno-, dos que queda excluída Galicia “porque a Xunta non é capaz de maduralos nin de garantir o subministro de fontes renovables”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23