Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia a situación de precariedade laboral do servizo de prevención de incendios ante “unha situación de grave risco” polas altas temperaturas

Carmen Dacosta presenta unha batería de iniciativas para reverter esta situación e critica o “desinterese” por parte do executivo autonómico

A deputada do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, denunciou este xoves da precariedade laboral do persoal do servizo de prevención de incendios ante “unha situación de grave risco” de lumes polas altas temperaturas que está a sofrer Galicia.

Sendo que dous terzos dos traballadores deste servizo dependente da Xunta de Galicia teñen unha vinculación de carácter eventual, a deputada socialista fíxose eco das reclamacións dos mesmos. Esta temporalidade impide, segundo indica Dacosta, que se realicen correctamente as labores de prevención de incendios ao longo do ano, que reducirían notablemente o risco de lumes e o alcance dos mesmos de producirse na temporada de verán.

Carmen Rodríguez Dacosta critica o “desinterese” amosado por parte do goberno do PP ante a prestación dun servizo que considera “esencial para a seguridade das persoas e os seus bens”. A deputada socialista incide en que “semella que a única vacina que ten o goberno galego é: ti vai facendo a ver se cola”, deixando en mans da climatoloxía o éxito ou non da campaña anti incendios.

Do mesmo xeito, denuncia que a Xunta non fixo os preceptivos concursos de traslados durante os últimos anos e a correspondente estabilización do emprego público como así obriga a normativa europea.

Así mesmo, nas súas iniciativas expón a grave situación que hai cos postos públicos por oposición, que levan parados dende o ano 2016. Tamén a promoción interna ten un carácter provisional dende hai xa sete anos. Una situación que a deputada cualificou de “insostible” e incide nas dificultades deste persoal para realizar o seu traballo sen ter estabilidade no seu posto.

Esta situación repercute en que as labores preventivas non están realizadas a día de hoxe”, sinalou a deputada, para engadir que tamén repercute neste “servizo esencial para as persoas e a súa seguridade”, é por elo que a deputada insta á Xunta de Galicia a “establecer un servizo profesional, permanente, que realice as labores preventivas antes da tempada de alto risco de incendios”, sentenciou.

Carmen Rodríguez Dacosta tamén critica ao goberno galego por incumprir sistematicamente o ditame aprobado no Parlamento a raíz da vaga de incendios que asolou Galicia no 2017 e polo cal se estableceron medidas de reforma da política forestal, de prevención e de extinción de incendios que a Xunta está a ignorar.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38