Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia a “marxinación total” da Illa de Arousa nos Orzamentos da Xunta e defenderá seis emendas para que se atendan as necesidades do municipio

A deputada Paloma Castro e o alcalde, Luis Arosa, esixíronlle ao Goberno de Rueda que inclúa nos Presupostos do 2025 obras no colexio Torre Illa, a reforma do paseo do Cantiño, o financiamento da depuradora, a reparación das estradas PO-307 e PO-299, a construción dun centro de día e a promoción de vivenda pública

A deputada socialista no Parlamento galego Paloma Castro denunciou hoxe a “marxinación total” á que a Xunta do PP somete ao concello da Illa de Arousa nos Orzamentos autonómicos para o vindeiro ano. Nunha comparecencia xunto ao alcalde, Luis Arosa, esixiulle a Rueda que goberne “con sentido democrático” e proporcione aos habitantes do municipio arousán servizos “nas mesmas condicións” que aos residentes noutros concellos.

Castro explicou o contido das emendas do PSdeG aos Presupostos autonómicos para o 2025 que afectan á localidade, e a través da que o Grupo Socialista insta aos populares a poñer fin a unha década na que A Illa se viu obrigada a xestionar infraestruturas e servizos públicos “á Marxe da Xunta”.

O rexedor arousán criticou que, en todo o tempo que leva demandando actuacións “para o benestar de todos os veciños e veciñas”, non obtivo resposta por parte do Goberno galego, que durante a pasada década realizou investimentos “mínimos” no municipio. Por ese motivo, vén de presentar, a través do Grupo do PSdeG na Cámara galega, unha serie de modificacións nas contas autonómicas, co fin de que se inclúan recursos para desenvolver iniciativas moi necesarias para A Illa.

EDAR e estradas

Entre elas figura a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no lugar de Niño do Corvo. Na actualidade, o Goberno do Estado ten comprometido, a través da empresa pública Acuaes, o financiamento do 80 % do custe das obras, mentres que o Concello debería asumir o 20 % restante. O rexedor esíxelle á Xunta que se faga cargo desa porcentaxe, que significa unha gran carga para un municipio de menos de 5.000 habitantes.

En segundo lugar está a mellora da banda de rodadura das estradas PO-307 e PO-299, así como a dotación dun alumeado axeitado e o remate do carril bici. O alcalde lamentou que a día de hoxe o estado do que é un dos principais eixos de acceso á Illa atópase nun estado deplorable. “Non se lle deu ningún tipo de mantemento; unicamente pintar sobre as fochancas”, lamentou.

Vivenda pública e centro de día

Luis Arosa lembrou durante a súa intervención que as competencias en materia de vivenda son da comunidade autónoma, polo que instou á Xunta a promover construcións residenciais de carácter público. A Illa é un concello turístico que, ademais, ten unha limitación importante no plano territorial, ao tratarse dun territorio insular. Eses dous factores impulsan a alza do prezo da vivenda, que, tal como reclama o rexedor, se debe paliar por parte da Administración galega a través da construción de novas promocións.

Trátase dun problema que está a afectar especialmente á poboación máis nova, pero o déficit de servizos tamén se traslada, en outros eidos, ás persoas maiores e dependentes. Dende o Concello, o seu máximo responsable subliña a necesidade dun centro de día. “Levamos anos reclamándoo e mañá mesmo, se a Xunta quixese, tería os terreos á súa disposición. 

Colexio Torre Illa e paseo do Cantiño

Tamén lle esixiu á Adminsitración autonómica a rehabilitación das seis casas dos mestres do colexio de educación infantil e primaria Torre Illa, co fin de que poidan ser utilizadas como espazos complementarios ás aulas. Tamén se recolle o acondicionamento dos tres pavillóns que forman parte do CEIP, e que necesitan unha solución ás humidades, a mellora do illamento, a substitución da cuberta de fibrocemento, o cambio dos aseos e o depósito e obras de mellora da accesibilidade.

Finalmente, Arosa reclamou a reforma integral do paseo do Cantiño, incluída a construción dun aparcadoiro subterráneo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026