Categorías: Actualidade

O PSdeG critica que a Xunta non aporta ningunha solución ante os problemas reais de Galicia que non desaparecen durante o verán

Julio Torrado ve “moi preocupante” que Rueda branquee a Vox e que a súa axenda veña marcada “polas necesidades de Feijóo”

O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Torrado, criticou este luns que o goberno da Xunta non aporta ningunha solución ante “os problemas reais de Galicia” que “non desaparecen no verán”.

O representante socialista compareceu na Cámara galega para manifestar a preocupación do seu partido pola situación política que se vive en Galicia. Torrado puxo o foco sobre “as incertezas en moitas poboacións sobre os recortes, peche de aulas e perda de docentes de cara ao inicio do curso”. Recordou que “os profesores están alertando dunha precariedade laboral na sua función por culpa de Xunta de Galicia á que ninguén da resposta”.

Do mesmo xeito, apuntou á sanidade, debido a que “o CESM alertou outra vez máis de que as medidas que está anunciando o goberno galego como boas, suficientes e marabillosas non teñen ningún impacto e que son negativas para o sistema sanitario”, alegou Torrado. Destacou que podemos ver isto especialmente na atención primaria “que está vendo novamente como nos quedamos sen médicos nalgúns centros de saúde” e cunha “precariedade absoluta” especialmente nalgunhas especialidades como enfermaría.

Así mesmo, focalizou no problema da seca que afecta a unha parte importante do territorio galego e ante o que denuncian a pasividade do executivo autonómico que non afronta esta situación coa importancia que merece.

Julio Torrado lamenta que “a única actividade política do goberno galego é que Rueda sae a falar ben de Vox, a dicir que non hai que demonizalos, que son parte da nosa sociedade”. O socialista recordou que “os galegos e galegas rexeitaron a esta formación contundentemente nos distintos procesos electorais. Ante a inacción do presidente durante estas semanas, o deputado sinalou queo único que lle interesou neste verán é falar ben de Vox”.

Dende o PSdeG entenden que esta defensa de Vox “demostra que a súa axenda segue estando marcada polas necesidades de Feijóo”. “Parécenos moi preocupante que a axenda do goberno galego se siga establecendo segundo as necesidades do Partido Popular, alegou Julio Torrado.

O deputado socialista sinalou que “non podemos agardar a que o goberno galego reciba os comunicados de Madrid para que saiba que ten que dicir e de que ten que falar”, ao que engadiu que “Galicia ten a súa propia dinámica e o goberno debe de estar nos temas de Galicia”. Por elo, reclamou a Rueda, “que deixe de falar moi ben da ultradereita á que non quere ninguén e comece a falar da Galicia que queremos todos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38