Pablo Arangüena reprocha ao goberno galego que “nin se puxo en contacto cos concellos afectados”, onde se prohibiu o consumo de agua do Eume
A Coruña, 11 de outubro de 2020. O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, criticou hoxe “o desleixo e o abandono total” dos espazos naturais por parte da Xunta logo do episodio dos verquidos ao río Eume.
Ao respecto, o dirixente socialista recordou que o Concello de Pontedeume tivo que prohibir o consumo da auga procedente do río que baixa do parque natural das Fragas do Eume a causa do mal aspecto que presentaba o caudal.
Ante un caso de turbidez das augas e de posible afectación aos bancos marisqueiros, Pablo Arangüena denunciou que este parque natural “leva 23 anos sen que se aprobe o seu correspondente plan de xestión”.
“A Xunta está consentindo todo tipo de agresións ás Fragas do Eume”, subliñou o vicesecretario xeral do PSdeG, quen reprochou tamén ao goberno galego que “nin se puxo en contacto cos concellos afectados” ao longo destes días.