Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortada

O PSdeG censura que o BNG non condene de maneira explícita e directa a Rusia pola súa invasión militar a un país europeo

Ante a proposta nacionalista de que o Estado español manteña unha “neutralidade activa”, o portavoz de relacións coa Unión Europea do PSdeG lembra que nun conflito destas características “non caben equidistancias”

Nicolás González Casares chama ao BNG a reflexionar e posicionarse de maneira clara contra esta “inxustificable agresión”, como fixeron o conxunto das democracias europeas

O eurodeputado socialista e secretario de Relacións Institucionais coa Unión Europea do PSdeG, Nicolás González Casares, censurou hoxe a falta dunha condena explícita e directa a Rusia por parte do Bloque Nacionalista Galego ante a invasión militar a un país europeo e soberano, como é Ucraína. Trátase, apuntou González Casares, dunha actitude “incomprensible” diante  da guerra emprendida “de maneira inxustificada e inxustificable” polo presidente Vladimir Putin.

A maiores, o portavoz de relacións coa Unión Europea lamentou que o BNG lle reclame “neutralidade activa” ao Estado español ante unha acción bélica que pode ter “consecuencias catastróficas para a poboación civil”. Nesta liña, Nicolás González Casares lembra que “nun conflito destas características non caben equidistancias de ningún tipo”. Por iso, pídelle ao BNG que reflexione e que adopte un posicionamento claro e contundente en contra da agresión rusa, tal e como fixeron o conxunto das democracias europeas.

“Non se pode dicir pola mañá Non á guerra e, pola tarde, manter unha postura ambigua ante un ataque militar que vulnera o dereito internacional e soberanía de Ucraína”, afirma González Casares.

Por outra banda, o portavoz de relacións coa Unión Europea do PSdeG reiterou hoxe, en nome dos socialistas galegos, a súa condena máis “firme, enérxica e sen paliativos” á invasión militar de Ucraína por parte de Rusia.

Desta maneira -e en liña co expresado polo Partido Socialista Europeo e polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso- Nicolás González Casares apoia de maneira rotunda a soberanía e integridade territorial de Ucraína e reclama o fin inmediato das agresións e a retirada das tropas rusas do país. Tamén respalda todas as accións sancionadoras que, dende a Unión Europea e no eido da legalidade internacional,  se leven a cabo co obxectivo de impedir que continúen as accións bélicas do goberno de Putin.

En paralelo, o eurodeputado galego expresa a “total solidariedade” dos e das socialistas galegos co conxunto do pobo ucraíno, “vítima dunha atrocidade inaceptable e de terribles consecuencias”. “Os nosos pensamentos e o noso corazón están hoxe, máis que nunca, con toda a cidadanía dese país”, afirmou antes de comprometer tamén todo o apoio ás medidas que se adopten para evitar e paliar o seu sufrimento ante a previsible crise humanitaria que provocará a ofensiva rusa.

Finalmente, Nicolás González Casares lembra que a guerra emprendida por Vladimir Putin -xunto coas súas ameazas de represalias a calquera outro país que acuda na axuda de Ucraína-  vulnera de maneira flagrante o dereito internacional e, en consecuencia, supón unha manifesta ilegalidade.

“Non se trata tan só dun ataque a un país europeo, senón dun ataque aos esenciais valores europeos da paz, da liberdade e dos respecto á soberanía e ás fronteiras”, proclama o eurodeputado socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27