Categorías: Actualidade

O PSdeG apoia a mobilización dos traballadores da CRTVG contra a manipulación informativa do goberno de Rueda

Patricia Iglesias adianta que Besteiro desbloqueará a lei que regule o Estatuto Informativo e o Consello de informativos cando sexa presidente da Xunta

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024. A candidata nº1 do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, acudiu á concentración convocada pola Plataforma en Defensa da CRTVG diante da sede da Xunta de Galicia en San Caetano en protesta pola manipulación informativa nos medios públicos por parte do goberno de Alfonso Rueda.

A candidata do PSdeG acompañou este xoves aos profesionais da CRTVG “que levan mobilizándose contra a manipulación informativa do goberno do PP dende o 2018, xa van case 300 semanas de venres negros”, lamentou. “Nós non estamos dacordo cunha radio e televisión pública que estea ao servizo do PP, parece máis un gabinete de comunicación da Xunta de Galicia”, criticou que funcionen así en vez de como un servizo público e estar ao servizo das galegas e dos galegos”, engadiu.

Patricia Iglesias reprochou ao presidente da Xunta e candidato do PP que apenas dous días antes avogara por un xornalismo que fora garante da democracia, mentres ten aos medios públicos “ao seu servizo”. Así mesmo, refereriuse á rolda de prensa da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, na que acusou aos partidos de esquerda de estar detrás dunha rede de “manipulación en redes sociais e uso de bots”. Lembrou que a realidade é que uns días despois “saíu toda a sociedade civil a protestar pola manipulación que fixeron coa crise dos pélets, propia dunha estratexia trumpista”.

“Claro que imos apoiar estas mobilizacións por unha televisión e unha radio pública que estea ao servizo dos galegos e das galegas, libres de manipulación, e sesgos políticos, proseguiu a candidata. Tamén reivindica que os socialistas “comprometémonos con medidas”, polo que adiantou que “cando Besteiro sexa presidente da Xunta despois do 18 de febreiro, imos desbloquear a lei que regule o Estatuto Informativo e un Consello de Informativos”.   Recordou que o documento xa está realizado pero suspendida a súa tramitación “por un Consello de Administración en mans do Partido Popular”.

COMPROMISO CON MEDIDAS

“En definitiva todo o noso apoio a estas mobilizacións porque unha radio e unha tv públicas de calidade é unha garantía da democracia, e lembrarlle ao señor Rueda que o dereito á información pública é un dereito constitucional que se ten que respectar”, concluíu Iglesias.

Xunto a Patricia Iglesias, tamén acudiron algúns dos principais candidatos pola provincia da Coruña, como Julio Abalde (nº2), Aitor Bouza (nº4) ou Montserrat Gª Chavarría (nº5), así como distintos militantes do partido.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32