Categorías: Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de baleirar as contas públicas, repartindo 500 millóns de euros en 15 días con fins electoralistas

Patricia Iglesias e Mayra García critican que dende a convocatoria electoral “están a tirar a casa pola ventá e utilizan os cartos de tódalas galegas e galegos como redes clientelar”

Sinalaron que as probas destas afirmacións, recollidas no DOG, constatan que antes de convocar os comicios “o PP e Rueda xa tiñan formulada unha estratexia para retrasar algunhas axudas e adiantar outras para concentralas neste período”

As candidatas socialistas ás eleccións autonómicas Patricia Iglesias e Mayra García acusaron hoxe ao candidato do PP de “baleirar” as contas públicas cun “descarado uso electoralista” dende o goberno galego. Alertaron que logo de 15 anos de parálise e incompetencia, o goberno galego ten mobilizado 500 millóns de euros nos últimos 15 días nun cento de subvencións e axudas directas a dedo, con opacidade e sen transparencia.

As responsables socialistas criticaron que dende a convocatoria das eleccións “están a tirar a casa pola ventá a costa de espoliar as arcas públicas e utilizar os cartos de tódalas galegas e galegos á súa conveniencia e como rede clientelar”. Sinalaron que “no DOG están tódalas probas” deste “intento desesperado por adulterar o resultado electoral” dos comicios autonómicos do 18F, e que “só no día de onte foron 13 millóns de euros.

Iglesias alertou da publicación “exprés” nos DOG dos últimos días dun longo listado de subvencións a todo tipo de entidades e asociacións, que evidencian a concepción patrimonial que ten o PP do goberno galego.

Advertiu que “Besteiro non permitirá esta hipoteca aos galegos e ás galegas”, que sinalan que “demostra a desesperación de Rueda e o intento de deixar sen cartos ao novo goberno que terá Galicia”. Apuntaron que “o Partido Socialista examinará tódalas vías para impedilo”.

As responsables socialistas acusaron ao PP de priorizar medidas electoralistas no canto de ofrecer uns servizos públicos de calidade e solucións reais aos problemas dos galegos e das galegas, dando mostra do seu “pasotismo” e “desatención” na xestión do goberno galego. Puxo como exemplo o “bono coidado” á Dependencia, que constitúe unha nova “mentira” que ten denunciado o propio Colexio Oficial de Traballadores Sociais, e que está a colapsar os Servizos de Atención no Fogar que prestan os concellos.

Sinalou que “non poñemos en cuestión a necesidade de moitas destas axudas”, pero consideran “estraño” que logo de case 15 anos perdendo fondos por non executalos decidan “sacalos todos de golpe a menos dun mes das eleccións”. Advirten que mesmo recollen iniciativas de anos anteriores e publican partidas plurianuais que comprometen cartos a futuro “mesmo hipotecando as actuacións do próximo goberno”.

13 millóns nun só día

Advertiu que “onte mesmo o DOG recollía 13 millóns de euros máis nun suma e segue desesperado” e sinalaron que “estamos seguras de que esta chuvia de millóns vai seguir nos próximos días”. Alertan que “estas cifras son moi superiores ás de calquera inicio de ano, o que evidencia a súa intención clientelar e electoralista”, ata o punto de que nin tan sequera podemos saber se as subvencións vanse levar a termo.

A número 3 por Lugo, Mayra García, acusou ao PP de Rueda de “usar como propios os cartos públicos, baleirando as arcas públicas cunha total falla de ética e de integridade, tirando ás peores prácticas do caciquismo ao que nos teñen afeitos”. Apuntaron que “saben que hai partido, que o pobo galego xa non traga coa súa incompetencia e as súas mentiras, que acadaron as cotas máximas coa xestión da marea plástica de pélets nas nosas costas”.

Advertiu que no PP están “nerviosos” porque “a xente está mobilizándose, e saben, como dixo o presidente Sánchez esta fin de semana, que a urnas cheas, cambio seguro”. Lamentaron que “insulten á intelixencia dos galegos e das galegas” con “manobras groseiras que no fan máis que confirmarnos que desta vai”.

Lamentou a falla de regulación legal deste tipo de actuacións en períodos electorais, que consideran “un intento de chantaxe coa única finalidade de comprar os votos da xente, repartindo cartos a esgalla” cun regueiro de cartos públicos que se pode constatar dende o mes de decembro e que “amosa unha planificación orquestrada para estas publicacións, convocatorias ou concesións”.

Reprimendas

García lembrou que o destas dúas semanas “non é o único comportamento electoralista irregular”, e lembraron as “reprimendas” da Xunta electoral ao PP e á Xunta por saltarse a Lei Electoral, xa que mesmo onte estimaban outra denuncia do PSdeG sobre a utilización das institucións da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol con fins partidistas. Sinalaron tamén ao “uso partidista” da CRTVG, que está a alcanzar “cotas nunca vistas”.

A responsable socialista advertiron que “o PP intenta colonizar e patrimonializar as institucións públicas, e o seu nerviosismo nestes días fai que empreguen todo tipo de artimañas irregulares”.

Trala súa intervención, Patricia Iglesias e Mayra García sinalaron que as probas destas afirmacións están  recollidas no DOG e constatan que o PP e Rueda antes de convocar os comicios “xa tiñan formulada unha estratexia para retrasar algunhas axudas e adiantar outras para concentralas neste período” intentando “venderlle á cidadanía o que xa é seu”.

Política con maiúsculas

Contrapuxeron con esta forma de mal goberno o proxecto do candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, baseado na “política con maiúsculas para todas e todos”, e unha Xunta que sexa “unha administración accesible, aberta, transparente, íntegra e centrada nas necesidades das súas xentes”.

Subliñaron o compromiso de dar “un paso adiante e decidido nas políticas de Transparencia e de Participación da cidadanía”, promovendo iniciativas de Datos abertos na Xunta de Galicia, con máis datos e maior transparencia para controlar a acción do goberno, e simplificando ao máximo a burocracia nos procedementos da Administración autonómica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27