Categorías: Actualidade

O PP veta a iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor

Patricia Otero lamenta a negativa do PP de Galicia para instar á Xunta a acabar co “espolio” ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, principais “agravados fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade son de balde

O PP de Galicia vén de vetar unha iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha proposición non de lei presentada pola voceira de Infraestruturas Patricia Otero.

Así, Otero lamentou a negativa do PP de Galicia para instar á Xunta a acabar co “espolio” ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, “principais agravados fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade autónoma son gratuítas.

Neste senso, a responsable socialista lamentou que, malia nacer sendo un vial público e gratuíto, a AG-55 privatizouse no ano 1997 aproveitando a inauguración do segundo tramo entre A Laracha e Carballo, o que supuxo “un proceso de espolio a quen lle foran expropiados os seus terreos para a construción dunha autovía pública”.

“Dende o primeiro momento, o vial contou cunha gran oposición social, algo que continúa presente debido ao lastre económico que supón para as comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte, así como para o asentamento da poboación nas zonas rurais destas comarcas”, sinalou a socialista, ao lembrar que teñen un estas peaxes teñen un custo “excesivo” e cuxa concesión foi prorrogada polo PP ata 2045.

Continuando con esta liña recadadora, no ano 1999 e “cunha Xunta gobernada polo PP que apostaba pola construción de autoestradas de peaxe”, sinalou Otero, inauguraron a AG-57, entre Puxeiros e Val Miñor.

“Dende aquela, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, moi afectados polas peaxes que ten a autoestrada, piden a súa eliminación para non lastrar a economía das súas empresas e conectar estes concellos coa cidade de Vigo e con infraestruturas e servizos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares”, destacou.

Nesta liña, a voceira socialista lembrou que a Consellería de Infraestruturas reduciu as tarifas das autovías galegas “para empresas de transporte e en horario noctuno”, o cal é “insuficiente” para a cidadanía afectada.

Por todo isto, a deputada instou á Xunta a presentar, no prazo de seis meses, os estudos precisos para proceder á “liberalización” destas dúas peaxes, así como establecer “de xeito inmediato” a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32