Categorías: Actualidade

O PP veta a iniciativa socialista para desenvolver un plan de rescate “serio e ambicioso” para a hostalería de Galicia

Leticia Gallego censura que “as axudas da Xunta son insuficientes, pouco áxiles e carecen dun criterio de reparto xusto e equitativo”

A socialista critica a “improvisación constante” do executivo autonómico cando “pon parches, en vez de salvar ao sector”, que “non sabe canto tempo poderá soportar os números vermellos”

O PP vén de vetar a iniciativa socialista para desenvolver un plan de rescate “serio e ambicioso” para a hostalería de Galicia. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha proposición non de lei socialista neste senso que foi debatida na xornada de onte.

A voceira de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, censurou que “as axudas da Xunta son insuficientes, pouco áxiles e carecen dun criterio de reparto xusto e equitativo”.

“Sete de cada dez empregos perdidos en Galicia durante 2020 estaban en bares, restaurantes ou aloxamentos”, sinalou a socialista, quen destacou que no último ano a caída de persoas traballadoras en alta foi do 1,7%, con máis de 16.500 persoas ocupadas menos, das cales 12.000 correspondían a este sector.

Así, subliñou, “no último ano, dous de cada dez establecementos de hostalería de Galicia víronse obrigados a baixar a persiana definitivamente”, o que confirma que “a pandemia está destruíndo a maioría dos empregos neste sector” que “non sabe canto tempo poderá soportar os números vermellos” producidos pola pandemia.

Gallego lamentou as escasas axudas ao sector por parte da Xunta, quen aprobou un primeiro plan de axudas por valor 17 millóns de euros, “cando as transferencias extraordinarias do Estado no 2020 acadaron a contía de 745 millóns de euros”.

Así, censurou tamén “o segundo plan de axudas, dotado de 12 millóns de euros”, xa que “tampouco responde ás necesidades do sector” e, ademais, a día de hoxe, “aínda non se comezou a pagar”. “A Xunta pon parches, en vez de salvar á hostalería”, sentenciou.

Esta situación ocorre ao tempo que o goberno de España transferiu á Xunta o pasado ano 735 millóns de euros, dos que 224 foron “a fondo perdido” para as persoas afectadas “pola caída da actividade económica”. “Onde están estes cartos? Por que non se utilizaron para o rescate de sectores como a hostalería?”, preguntou a socialista.

Ademais, Gallego subliñou que este ano o goberno galego “percibirá outros 441 millóns dos fondos REACT-UE co mesmo obxectivo”, co que “deben utilizarse para rescatar á hostalería”.

A XUNTA TEN QUE ASUMIR AS SÚAS COMPETENCIAS

A voceira socialista instou á Xunta a asumir ás súas competencias “sen derivar aos concellos as súas responsabilidades”. “O goberno galego ten recursos para facelo e a colaboración do goberno de España, que transferiu millóns de euros para apoiar ás autonomías na reactivación social e económica”, subliñou. “As competencias en hostalería son da Xunta de Galicia e non dos concellos”, sentenciou.

Finalmente, a responsable socialista pediu ao goberno galego “solucións inmediatas” e “moitos máis recursos” para o sector, xa que “non pode seguir agardando máis”. “A situación actual debuxa un panorama escuro e, polo de agora, non se coñece ningún plan de rescate por parte do goberno galego, a pesar de que a Xunta ten orzamentos” que ascenden a 11.500 millóns de euros, “grazas, en parte, ao goberno central”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27