Categorías: Actualidade

O PP rexeita integrar os institutos coruñeses Rosalía Mera e Puga Ramón dentro da rede de centros de ensino público da Xunta

Rodríguez Rumbo critica a deixación de funcións do goberno galego cando é a Deputación da Coruña a que “xestiona e sostén economicamente dende hai décadas” estes dous centros educativos, sen ter ningunha competencia en materia de ensino

“Deixen de empregar fakes news como a señora Ayuso, o que non hai é vontade política”, sentenciou a socialista, logo de cuestionar se o PP de Galicia “quere ser como Vox”

O PP vén de rexeitar a iniciativa socialista para integrar os centros de ensino IES Rosalía Mera (antigo IES Calvo Sotelo) e IES Puga Ramón dentro da rede de centros de ensino público da Xunta de Galicia. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Educación do Parlamento, mediante a presentación dunha proposición non de lei que foi vetada polo PP.

“A Deputación da Coruña xestiona e costea practicamente na súa totalidade estes dous centros”, incluíndo os seus medios humanos, aseverou a deputada socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, ao lembrar que os dous cadros de persoal suman un total de 84 traballadores e traballadoras. Así, no ano 2019, a Deputación da Coruña investiu máis de 7,2 millóns de euros dos seus orzamentos na xestión e mantemento destes institutos “sen ter ningunha competencia en materia de ensino”.

Rodríguez Rumbo censurou a “grandiosa colaboración da Xunta” con estes institutos cando, por exemplo, dos máis de 3 millóns de euros investidos no IES Rosalía Mera para a súa xestión no ano 2019, o goberno galego achegou 107.000 euros, o que supón “o 3,4% do custe total do mantemento do instituto”.

A responsable socialista subliñou que a Deputación da Coruña xa solicitara no ano 2015 a integración destes dous centros dentro da rede de centros de ensino público da Xunta e mesmo aprobou unha moción para transferilos. Ademais de que é a súa competencia, sinalou, incluír estes dous centros suporía tan só “un 0,27% do orzamento” da Consellería de Educación.

“DESATENCIÓN” DO GOBERNO GALEGO NAS SÚAS COMPETENCIAS

Neste senso, a socialista criticou a “desatención” do goberno galego cando non quere asumir a xestión destes dous institutos e obriga á administración provincial a asumir funcións que non lle corresponden. Así,  lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia establece que é “competencia plena” da comunidade autónoma “o regulamento do ensino en toda a súa extensión, modalidades e graos”.

Todo isto, incidiu a socialista, reverte nos concellos da provincia, xa que se a Xunta impón á Deputación da Coruña que dedique partidas orzamentarias a materias de ensino que non entran nas súas competencias, a administración deixa de dedicarllos aos municipios coruñeses, cuestión “que si é a súa competencia”.

FEIJÓO “NADA TEN FEITO” POR ACHEGARSE ÁS DEPUTACIÓNS

“O presidente da Xunta comprometeuse a mellorar o contido dos acordos coas deputacións, pero é un compromiso de papel máis, xa que nada ten feito por achegarse ás deputacións”, sentenciou a socialista. “Deixen de empregar fakes news como a señora Ayuso, o que non hai é vontade política” por parte do goberno galego, asegurou, logo de cuestionarse se o PP de Galicia “quere ser como Vox”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38