Categorías: Actualidade

O PP rexeita articular un plan de choque contra a sinistralidade laboral en Galicia, malia o “rebrote” de accidentes laborais nos últimos dez anos

Carmen Rodríguez Dacosta reivindica a reforma laboral ante os “preocupantes” datos de sinistralidade e precariedade laboral que “caracterizan” o mercado laboral galego

O PP vén de rexeitar unha iniciativa socialista para instar á Xunta a articular un plan de choque contra a sinistralidade laboral en Galicia malia o “rebrote” de accidentes laborais nos últimos dez anos. Ocorreu, hoxe no Pleno do Parlamento, despois de que o Grupo Popular votase en contra dunha proposición non de lei do Grupo Socialista neste sentido que fora transaccionada co BNG.

Neste marco, a voceira de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reivindicou a “necesidade” de aprobar a reforma laboral, impulsada polo goberno de España e pactada por axentes sociais, sindicatos e patronal, ante os “preocupantes” datos de sinistralidade e precariedade laboral que “caracterizan” o mercado laboral galego.

“Nestes case dous anos de pandemia da covid púxose de manifesto de xeito dramático a contradición entre a saúde e a vida, e as presións para manter a actividade económica”, alertou a dirixente socialista quen incidiu en que “o traballo debe ser decente, digno e de calidade, libre de riscos”, polo que “ninguén debería ter que elixir entre traballo e saúde”.

“Na última década asistimos a un rebrote dos accidentes de traballo, á ocultación e subrexistro das enfermidades profesionais e afixémonos a que o lema ‘a precariedade laboral mata’ se fixera recorrente nas campañas sindicais de denuncia”, lamentou a socialista quen cualificou a sinistralidade laboral como “unha lacra, en ocasións, invisible” á que temos que “darlle voz” unha vez que este ano houbo máis de 24.300 accidentes de xaneiro a novembro, 45 persoas falecidas e 380 accidentes de carácter grave.

Neste sentido, sinalou que “son as condicións de traballo as que están na orixe desta eiva, sobre todo nun mercado laboral como o galego, marcado pola precariedade, tal e como indican as organizacións sindicais”. De feito, en Galicia en 2021, incidiu, asináronse máis de 872.000 contratos iniciais, pero destes “só o 5,1% foron indefinidos”.

Paralelamente, denunciou, en Galicia “produciuse unha redución de investimentos en prevención de riscos laborais nas empresas, así como de financiamento de políticas públicas activas en materia preventiva” cando o goberno galego “reduciu nun 44% as partidas dedicadas a prevención laboral” nos Orzamentos de 2022.

“Galicia necesita un novo marco laboral que reverta o abuso da temporalidade e a parcialidade involuntaria, ao tempo que se recupere un marco de negociación colectiva máis equilibrado”, sentenciou a dirixente socialista quen aplaudiu a reforma laboral promovida polo goberno de España.

Por último, Rodríguez Dacosta chamou á Consellería de Emprego a acometer “unha profunda reforma do sistema de políticas activas de emprego, tendo en conta que o actual funciona de forma incompleta, non situando ás desempregadas e desempregados no centro das súas preocupacións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27