Categorías: Actualidade

O PP oponse á creación dun observatorio de seguimento de medidas de emprego en materia de igualdade

Carmen R. Dacosta censura o “paso atrás” de Galicia na busca da igualdade real entre mulleres e homes no ámbito laboral despois de que o PP eliminase, cando chegou ao goberno no ano 2009, todas as políticas de igualdade “postas en pé” polo goberno liderado por Emilio Pérez Touriño

O PP opúxose hoxe á creación dun observatorio de seguimento de medidas de emprego en materia de igualdade. Fíxoo, no Pleno do Parlamento, tras votar en contra dunha proposición non de lei defendida onte pola voceira de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta.

Neste marco, a dirixente socialista criticou o “paso atrás” de Galicia na busca da igualdade real entre mulleres e homes no ámbito laboral, despois de que o PP eliminase, cando chegou ao goberno da Xunta no ano 2009, todas as políticas de igualdade “postas en pé” polo goberno liderado por Emilio Pérez Touriño.

Así, lamentou que, mentres a Xunta en 2008 investía 190 millóns de euros para paliar a discriminación á muller nas empresas galegas, “o PP dende 2009 ata 2021 preferiu deixar sen executar 1.500 millóns de euros” en políticas na Consellería de Emprego e Igualdade.

Isto, subliñou, é “un absurdo”, xa que impediu, entre outras cuestións, a execución de medidas “importantes”, como a contratación de mulleres vítimas de violencia machista ou a continuidade de programas para a incorporación de mulleres en ocupacións masculinizadas, en sectores como o metal ou a construción.

Así, na actualidade, sinalou, hai unha diferenza do 2,2% entre o número de homes ocupados e de mulleres ocupadas no conxunto do mercado laboral, unha brecha que se materializa nas diferentes ocupacións, xa que, das 170 que existen, “só en 28 hai unha representación paritaria”.

Neste sentido, Rodríguez Dacosta destacou que “as mulleres están excluídas do 25% dos empregos” e “só nun de cada sete postos de traballo é similar a posibilidade de que sexa ocupado por un home ou por unha muller”, cando ademais en Galicia “os homes teñen o dobre de saídas laborais que as mulleres”.

A falla de medidas para paliar o efecto da pandemia na desigualdade no ámbito laboral, incidiu, fixo que a diferenza entre mulleres e homes incrementase a brecha de ocupación nun 65% durante o último ano.

Ante os datos expostos, Rodríguez Dacosta chamou á Xunta que reimplante as medidas de emprego para acadar a igualdade entre mulleres e homes existentes no ano 2009, cando o PP accedeu ao goberno galego, así como a creación dun obsdervatorio de seguimento das medidas de emprego, dando conta das conclusión emitidas polo observatorio con carácter trimestral ao Parlamento de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38