Categorías: Actualidade

O PP négase a incrementar a educación afectivo – sexual nos currículos de Primaria, Secundaria e Bacharelato

O Parlamento aproba parcialmente a proposta presentada por Noa Díaz para pedirlle á Xunta un informe da execución do Pacto de Estado contra a Violencia Machista en Galicia

O Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do PSdeG ratificando o compromiso político contra a violencia machista e reclamándolle á Xunta que presente un informe da execución do Pacto de Estado contra a Violencia Machista en Galicia. A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, lamentou que o PP retirara do acordo o incremento da educación afectivo – sexual no ensino e unha campaña contra a violencia sexual dirixida á mocidade.

A proposta, que fora debatida onte, foi aprobada parcialmente na votación que tivo lugar hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia. O PP pediu votar a iniciativa por puntos para así rexeitar tanto o reforzo da presenza da educación afectivo – sexual nos currículos de Primaria, Secundaria e Bacharelato, como a posta en marcha dunha campaña dirixida á mocidade e con especial incidencia na pornografía que o Grupo Socialista lle pedía á Xunta para o primeiro semestre de 2023.

Tampouco aceptaron pedirlle ao Observatorio Galego de Violencia de Xénero que avalíe a situación actual e propoña novas medidas dirixidas á prevención e erradicación da violencia machista, así como accións no ámbito educativo.

O compromiso do PP limitouse hoxe a ratificar o compromiso contra a violencia machista e en defensa dos dereitos das mulleres e “contra calquera discurso negacionista e posicionamento político que negue esa violencia ou rexeite as políticas públicas enfocadas á súa total erradicación”. Os grupos parlamentarios tamén acordaron dar o seu respaldo á actualización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero no Congreso e o Senado.

A iniciativa aprobada hoxe inclúe, ademais de pedirlle á Xunta que entregue un informe sobre a execución das medidas do Pacto de Estado en Galicia, que poña en marcha durante o próximo ano os sete centros de crise para vítimas de violencia sexual. Noa Díaz sinalou que estes centros permitirán que as mulleres vítimas poidan contar cunha atención integral sen necesidade de que medie unha denuncia.

A parlamentaria socialista emprazou ao PP, no debate celebrado onte, a “deixar de empregar a violencia machista como arma de confrontación”, e instou aos grupos parlamentarios a “dar exemplo” para que o Parlamento sexa “a voz do pobo galego, que di non a estas violencias, que se pon de fronte e traballa man a man para erradicalas”. Reivindicou “accións contundentes e non berros e crispación nun asunto que debera ser prioritario”.

Noa Díaz urxiu a “posicionarnos fronte a forzas negacionistas dunha violencia que é a forma máis extrema na que se mostra a desigualdade entre homes e mulleres” porque, engadiu, as violencias machistas son “unha realidade que quebra o dereito á igualdade, á liberdade, á seguridade e á dignidade”, ademais de que “pon en cuestión a calidade democrática do noso país”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“1º – O Parlamento de Galicia:

  1. a) Ratifica o seu compromiso firme contra a violencia machista e en defensa dos dereitos das mulleres e contra calquera discurso negacionista e posicionamento político que negue esa violencia ou rexeite as políticas públicas enfocadas á súa total erradicación.

  1. b) Apoia o proceso de renovación e actualización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que se está iniciando no Congreso dos Deputados e Deputadas.

2º – O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

  1. a) Presentar no Parlamento un informe de execución das medidas do Pacto de Estado en Galicia dende o seu desenvolvemento, así como o seu impacto e avaliación coa fin de establecer prioridades nas accións futuras.

  1. b) Pór en marcha en 2023 os sete centros de crise para as vítimas de violencia sexual, un en cada área sanitaria, para prestar atención integral as 24 horas do día os 365 días do ano.

  1. c) Solicitarlle ao Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que ao remate dos traballos do grupo técnico sobre o seguimento do Pacto, traslade as súas conclusións ao Parlamento de Galicia”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09