Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para que o Sergas reforce os recursos de atención bucodental para cumprir cos acordos impulsados polo goberno de España

Julio Torrado lamenta que o PP impida incluír no acordo ampliar no próximo ano a plantilla de odontólogos e hixienistas dentais no Sergas

A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle ao Sergas que garanta “os recursos axeitados” para cumprir coa ampliación de servizos de atención bucodental impulsados polo goberno de España no último Consello Interterritorial. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou esta iniciativa co obxectivo de “impulsar os máximos estándares posibles en atención bucodental” en Galicia.

O responsable socialista lamentou sen embargo que o PP se negara a apoiar a parte da proposta que incluía ampliar a plantilla de odontólogos e hixienistas dentais no Sergas nun 10 por cento no ano 2024. Explicou que esta proposta, que tamén estaba incluída nas emendas dos socialistas aos Orzamentos da Xunta, supuña un “incremento razoable dende o punto de vista orzamentario”.

Torrado reclamoulle ao goberno galego que se poña “á cabeza” da implantación en Galicia dos acordos do Consello Interterritorial de Saúde do ano 2022, que rematou cunha partida de 44 millóns de euros adicionais para mellorar a atención á saúde bucodental nas comunidades autónomas e o recente acordo deste mesmo ano con outra partida de 63 millóns. Explicou que Galicia recibirá 6 millóns de euros adicionais de orzamento, o que “non é pouca cousa”.

Chamou a “non ser preguiceiros e non conformarnos” para situar a Galicia “no límite máximo posible” na aplicación das melloras na atención á saúde bucodental sen agardar ao horizonte de 2026. Subliñou que “podemos facelo antes” precisamente porque esta Comunidade Autónoma parte dunha posición positiva, que “non é a mellor, pero non ten un servizo negativo” a pesares da falla de profesionais.

Explicou que o Consello Interterritorial celebrado en Valencia en xuño de 2022 apoiou a proposta do Ministerio de Sanidade para ampliar a oferta de saúde bucodental a outros colectivos, como menores ata 14 anos, embarazadas, persoas con discapacidade, pacientes oncolóxicos da zona cérvicofacial ou persoas con dificultades de mobilidade dos membros superiores.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno de Galicia a implementar, coa maior brevidade, os servizos de atención bucodental nos estándares e posibilidades aprobados na xuntanza do Consello Interterritorial, dotando para elo aos servizos necesarios do Sergas dos recursos axeitados.

Apoiar as iniciativas derivadas dos acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde para impulsar os máximos estándares posibles en atención bucodental no Sergas.

Realizar un esforzo na difusión e coñecemento entre a poboación dos servizos de saúde bucodental que presta o sistema público de saúde”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23