Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para unificar e clarexar os protocolos de actuación individual fronte a positivos e contactos estreitos da covid

Julio Torrado urxe unha campaña informativa “clara, directa e áxil” que clarexe á poboación os protocolos a seguir, así como a unificar criterios entre profesionais, rastrexadores e áreas sanitarias

O Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para pedirlle á Xunta que unifique e clarexe os protocolos de actuación individual fronte a positivos e contactos estreitos da covid. A proposición non de Lei foi presentada en Comisión polo portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, que instou ao goberno galego a iniciar unha campaña “clara, directa e áxil” para informar á poboación sobre os pasos a seguir ante estas circunstancias.

O responsable socialista denunciou “as incertezas” e “a falla de información nítida e unificada” que circula sobre os protocolos de actuación. Así, sinalou que ás “informacións confusas” por parte da Consellería de Sanidade, súmanse “os diferentes criterios aplicados por profesionais e áreas sanitarias”, o que supón “un caos informativo” que xera “inseguridade entre a cidadanía”.

“Non podemos deixar o protocolo en mans do que cada un atope a golpe de Google”, aseverou. Neste senso, Torrado incidiu en que a Xunta “non debe esixir á poboación que sexa proactiva na busca de información sobre protocolos”, xa que “existe moita información non fundamentada, difundida a través de medios que non teñen validez, base legal nin rigor”, mesmo “no propio SERGAS”.

Así, Torrado instou á Xunta a abandonar “as campañas de autobombo” e a apostar por “información real” porque “xa é hora de que algunha das campañas de márketing da Xunta poidan servir” para achegar información á cidadanía.

Doutra banda, o responsable socialista incidiu na necesidade de unificar criterios para evitar “distintas decisións en cada área sanitaria” sobre a realización ou non de PCR en función de cada escenario e lamentou que “a tardía notificación das medidas a tomar” está a contribuír “á confusión”.

Rastrexadores

“O PP confirma que quen contaba alegremente como rastrexadores a todos os médicos de familia é un bocazas”, aseverou Torrado, en alusión ao presidente da Xunta e tralo recoñecemento da voceira do PP, durante a Comisión, de que os médicos de atención primaria non poden estar 15 minutos facendo un labor de rastrexo.

Neste senso, Torrado reivindicou a figura dos rastrexadores como persoal “ao que hai que dedicar investimento sanitario” por parte do goberno galego porque “canta máis xente estea desenvolvendo este traballo, menos propagación do virus haberá” entre a cidadanía.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O PSdeG considera intolerable que Rueda falte á súa palabra e rache o compromiso de non reincorporar ao PP ao Concelleiro da Illa condenado por violencia de xénero

A secretaria socialista de Igualdade, Silvia Fraga, critica que o presidente da Xunta “non está a carón das vítimas e…

06/05/2024 15:15

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22