Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamarlle á Xunta que introduza a educación afectivo – sexual no ensino regrado

Noa Díaz sinala que a educación sexual é “unha compoñente esencial no desenvolvemento e crecemento integral das persoas máis novas”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cumpra coa Lei de Liberdade Sexual e incorpore a educación afectivo – sexual ao ensino regrado. Díaz reclamoulle ao goberno galego que recoñeza que a educación sexual constitúe “unha compoñente esencial no desenvolvemento e crecemento integral das persoas máis novas”.

A responsable socialista defendeu onte esta iniciativa, que foi votada no día de hoxe, para incorporar ao ensino público esta materia no que supón o “primeiro chanzo para rachar coas desigualdades”. A proposta inclúe tamén ademais a obriga á Xunta para que elabore antes de xullo do próximo ano unha guía con material informativo actualizado en materia de sexualidade, que recolla recursos dirixidos ás familias.

Tamén reclama unha campaña de grande alcance dirixida á mocidade sobre o perigo do consumo de contidos dixitais pornográficos baseados na violencia sexual contra as mulleres, deseñada para ser enviada a tódolos concellos e os centros educativos galegos. Advertiu do risco das novas tecnoloxías da comunicación como “ferramenta de violencia contra as mulleres”, no relativo aos contidos dixitais de violencia sexual como na necesidade de coñecer e respectar o propio corpo.

Pornografía

A deputada socialista conseguiu ademais o referendo da Cámara para demandar do Goberno do Estado que garanta o cumprimento das novas esixencias ás plataformas de contidos pornográficos e establecer por lei que todos os dispositivos con conexión a internet que se poñan á venta inclúan control parental de forma predeterminada, como xa se está a facer noutros países europeos.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Dar cumprimento ao artigo 7 da lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual en materia de educación afectivo – sexual e do uso axeitado das novas tecnoloxías para avanzar na erradicación da violencia sexual.

  1. Elaborar, no primeiro semestre de 2024, unha guía con material informativo actualizado en materia de sexualidade que recolla recursos dirixidos ás familias.

  1. Elaborar unha campaña de grande alcance dirixida á mocidade sobre o perigo do consumo de contidos dixitais pornográficos baseados na violencia sexual contra as mulleres. A campaña, realizada para a súa difusión en todos os soportes, enviarase a todos os centros educativos galegos e aos concellos e estará dispoñible para calquera organización que o solicite”.

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Goberno de España e lle solicite:

  1. a) Garantir o cumprimento, por parte dos prestadores do servizo de intercambio de vídeos a través de plataforma, da obriga de aplicar sistemas efectivos de verificación da maioría de idade nas plataformas e páxinas web con contidos pornográficos, poñendo os medios suficientes e adoptando os mecanismos necesarios.

  1. b) Establecer por lei que todos os dispositivos con conexión a internet que se poñan á venda en España inclúan control parental de forma predeterminada.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23