Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para pedirlle á Xunta que incorpore no Sergas a UAD de Pontevedra

A Comisión de Sanidade vén de aprobar unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que incorpore no Sergas á Unidade de Atención á Drogodependencia de Pontevedra, que xestiona o Concello a pesares de que é un servizo sanitario competencia do goberno galego. A parlamentaria socialista Paloma Castro presentou esta iniciativa que foi aceptada por unanimidade logo dun acordo de transacción co PP.

Castro urxiulle á Xunta a cumprir con este mandato parlamentario –que fora aprobado previamente en Pleno- “logo de décadas de trato discriminatorio á rede de unidades de atención á drogodependencia de Galicia, que atenden a máis de 13.000 persoas con adiccións ao ano, e ademais é un servizo sanitario”. Reclamoulle á Xunta que “poñan solución a tanta desidia” e comecen coa integración deste servizo asistencial, sinaladamente o de Pontevedra”.

Responsabilizou ao goberno galego de ter paralizado o proxecto de integración da rede asistencial no Sergas, logo de 12 anos nos que obrigou aos concellos e ONGs a manter a xestión duns recursos sanitarios que son da exclusiva competencia do goberno galego. Sinalou que este é o “momento perfecto” para integrar o servizo asumindo a contratación dos novos profesionais logo das xubilacións, e asumindo ademais a súa integración funcional.

Acusou á Xunta de levar 12 anos “centrados en desmantelar a estrutura e actividade” das UAD, “con medidas como a supresión da subdirección xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, ou unha posición de obstrucionismo do recoñecemento da Rede de Tratamento de Condutas Aditivas de Galicia”. A discriminación chega ao punto, dixo, de que o persoal das UAD non é considerado de risco e polo tanto a metade deles están sen vacinar fronte á covid.

UAD de Pontevedra

Paloma Castro sinalou hoxe o caso concreto da Unidade de Atención á Drogodependencia de Pontevedra, que se atopa “nunha situación de anormalidade total”, xa que “non encaixa no normal funcionamento dunha Administración local”. O persoal desta UAD está incluído na Relación de Postos de Traballo do Concello, pero que “traballan con datos, información e programas informáticos do Sergas, e mesmo poden receitar tratamentos aos pacientes”.

Urxiu ao goberno galego que cumpra co acordo aprobado hoxe e “inicie os trámites para a integración deste servizo asistencial no Sergas, nomeadamente en Pontevedra, que se atopa nunha situación adecuada”.

Sinalou que “é a hora de poñer solución a tanto desleixo”, xa que a Xunta “ten a obriga de darlle resposta con medidas como a de elaborar un plan de atención aos trastornos aditivos, dentro do ámbito da asistencia especializada e enmarcado nas estratexias de saúde mental”, solucionando “dunha vez por todas” a “normalización da asistencia sanitaria a esta complexa patoloxía”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a acordar coa Fegamp o mecanismo para iniciar o procedemento de incorporar ao Sergas aos profesionais e servizos sanitarios de saúde mental que prestan os servizos dependentes das administracións locais, en concreto os relativos á Unidade de Atención á Drogodependencia de Pontevedra, para ordenar a atención e que dependa do organismo competente en asistencia sanitaria, que é a Administración autonómica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27