Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa iniciativa para que a Xunta presente un Plan de choque fronte á precariedade e a eventualidade na sanidade pública

Julio Torrado sinala á falla de médicos e á precariedade como principais problemas da sanidade pública e acusa á Xunta de pagar o canon do Álvaro Cunqueiro “co diñeiro que lle quitan aos profesionais” sanitarios

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un Plan de choque para reducir a eventualidade no Sergas por debaixo do 8 pro cento. O portavoz de Sanidade, Julio Torrado, saudou o “cambio de postura” no PP e reclamoulle á Xunta que cumpra co acordo e demostren que “aceptan a realidade da situación da sanidade pública”.

O responsable socialista situou á xestión dos recursos humanos por parte do Sergas no eixo do déficit de médicos e precariedade que están a xerar os problemas de atención sanitaria en Galicia, mentres o goberno galego ten que pagar o canon do Hospital Álvaro Cunqueiro “co diñeiro que lle quitan aos profesionais” sanitarios. Aludiu así ao sobrecuste de 20 millóns de euros que o goberno galego terá que pagarlle á empresa privada que xestiona o centro, como foi publicado hoxe.

Acusou aos responsables sanitarios de ser “cicateiros” e de “recortar onde non deben, quitándolles condicións ao mellor do sistema sanitario, que son os profesionais” para despois pagarlle “alegremente” a “empresas privadas” polas “decisións erradas”. Aludiu así á decisión do PP de contratar a construción do HAC cun modelo de participación público – privada, polo que terán que pagar un canon máis caro do que custaría a construción do centro con cargo aos fondos públicos.

Por decisións deste tipo, dixo, Galicia está entre as 3 comunidades autónomas con peor salario do Estado, e a que ofrece as peores condicións nos primeiros contratos aos médicos residentes, segundo os datos que lle envía a Xunta ao Ministerio de Sanidade. Criticou que a Xunta faga da eventualidade a norma na sanidade pública, chegando a que o 35 por cento das enfermeiras teñen contratos temporais, chegando a asinar 200 contratos nun ano para a mesma persoa.

O responsable socialista comparou estas condicións coas ofertas de traballo en distintos destinos comunitarios que están a contratar aos profesionais galegos aproveitando a súa formación e as baixas condicións laborais. Esta situación provoca un déficit na xestión asistencial que ten situado á atención primaria “na situación máis crítica que nunca”, con esperas “interminables” e que fan que o dereito á atención sanitaria no sistema público “non está garantida”.

Acordo

Torrado saudou o “cambio de postura” do PP, que logo de anos negando a realidade hoxe votou a favor de reclamar un plan de choque que sitúe a eventualidade por debaixo do 8 por cento, garantindo a contratación dos substitutos polo tempo completo da baixa do persoal titular. Tamén pide estender a carreira profesional a todo o persoal sanitario ou ampliar o volume de oferta pública de emprego para profesionais destinados ao sistema público.

Tamén reclama ampliar a 3 anos a oferta de contratos de continuidade para facultativos, estendendo o formato a outras categoría laborais, sinaladamente enfermaría. O acordo inclúe pedirlle á Xunta que elabore e lle remita ao Parlamento en menos de 2 meses un informe sobre a situación laboral do persoal sanitario por áreas sanitarias e categorías laborais.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Elaborar e remitir ao Parlamento en menos de dous meses un informe que inclúa, como mínimo, o volume e formatos de vinculación laboral dos profesionais sanitarios no Sergas, desagregado por áreas sanitarias e distribuído por categorías laborais.

  1. Aplicar un plan de choque fronte á precariedade e eventualidade no Sergas, cun obxectivo de reducir e manter por debaixo do 8 por cento o volume de persoal en situación de eventualidade, e que inclúa, entre outras, medidas como:

  1. Contratación do persoal substituto (por baixas, vacacións, etc.) polo tempo completo de duración da ausencia do/a profesional a cubrir.
  2. Estender ao completo do persoal do sistema sanitario a carreira profesionall.
  3. Ampliar o volume de ofertas públicas de emprego para profesionais destinados ao sistema público de saúde.

  1. Ampliar a 3 anos a oferta de contratos de continuidade para facultativos e estender o formato a outras categorías laborais, especialmente enfermería”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27