Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa presentada por Martín Seco para urxirlle á Xunta que actúe para rematar cos continuos cortes eléctricos en Arteixo

O Parlamento de Galicia vén de aprobar unha proposición non de Lei presentada polo portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, para que a Xunta lle esixa a Naturgy que garanta o subministro de enerxía no Concello de Arteixo. O responsable socialista presentou esta iniciativa na Comisión de Industria que tivo lugar esta mañá.

Seco lembrou que o goberno galego debe “facer un esforzo por levar a cabo un bo traballo de inspección sobre o estado no que se atopa a infraestrutura eléctrica en Arteixo, esixíndolle ao operador unha correcta conservación e as melloras necesarias para as ditas instalacións”. Sinala a situación lamentable do subministro do concello, con problemas de interrupcións de subministro en 2017, 2018 e a comezos de 2020, con interrupcións de 12, 24 e ata 48 horas.

O responsable socialista apuntou que o goberno galego ten a responsabilidade de “esixirlle á empresa subministradora de enerxía o cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento da rede, e garanta unha conservación axeitada da infraestrutura eléctrica”. Tamén deben de realizar, engade, “as melloras necesarias para que paren os apagamentos continuos que padecen os veciños e veciñas do Concello”.

Neste caso, explica que a empresa subministradora é Naturgy, que “lle leva sacado moito rendemento aos nosos recursos naturais, ten pechado a central térmica de Meirama e que deslocalizou o servizo de atención telefónica fora de Galicia”. Sinala que “o mínimo esixible é que a empresa teña corresponsabilidade co país, logo de anos explotando os recursos naturais de Galicia, que leva explotando durante moitos anos”.

Engade que a situación do Concello “pode resumirse co que está a suceder no barrio de Solymar, na parroquia de Oseiro, coas liñas de alta tensión pegadas ás vivendas, e onde levamos décadas agardando a que se desenvolve o acordo entre Concello, Consellería de Industria e Rede Eléctrica para sacar as instalacións do entorno das vivendas”. Lamenta que “nin no Concello parecen preocupados por poñer a disposición o terreo para o traslado nin na Consellería lle dan prioridade”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que esixa á empresa subministradora de enerxía no concello de Arteixo o cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento da rede, garanta unha conservación axeitada da infraestrutura eléctrica e realice as melloras necesarias para que deixen de se produciren os apagamentos continuos que sofre a súa cidadanía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38