Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe ao goberno galego a reforzar a unidade de hospitalización de Saúde Mental Infanto – Xuvenil do Hospital de Vigo

Elena Espinosa responsabiliza á Xunta dos reiterados problemas na unidade: “os esforzos dos que falan no servizo non son suficientes”

 

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que reforce urxentemente os recursos da unidade de hospitalización de Saúde Mental do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Espinosa presentou estas iniciativas diante dos reiterados problemas que está a rexistrar a unidade, o último deles cun intento de fuga esta pasada fin de semana.

 

A responsable socialista lamenta que a Xunta estea demostrando que “non está á altura da demanda e das necesidades da cidadanía” neste caso de Vigo, que padecen o “fracaso na xestión da saúde mental e da falla de recursos e políticas estables”. Advertiu que a unidade “non ten capacidade para atender a demanda”, o que obriga a desviar moitas das atencións que prestan á unidade de Pediatría ou en Psiquiatría de adultos.

 

A viceportavoz do Grupo Socialista advirte que “os esforzos dos que fala a Xunta de Galicia estanse a demostrar completamente insuficientes”, polo que esixe o incremento drástico dos recursos destinados á saúde mental infanto – xuvenil para garantir o correcto funcionamento destas unidades en toda Galicia para atender un problema altamente sensible que debera ser prioritario.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026