Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a incrementar as axudas para a colaboración cos concellos no fomento do emprego ata os 10 millóns de euros

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia que a Xunta deixou sen executar 720 millóns de euros en materia de emprego dende 2019, o que supón “un dos grandes fracasos de Feijóo e Rueda durante 14 anos de goberno”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe á Xunta que aumente en 8,5 millóns de euros a partida para colaboración cos concellos no fomento do emprego e a mellora da empregabilidade, de forma que ascenda ata os 10 millóns de euros. Rodríguez Rumbo presentou esta proposta na Comisión de Economía do Parlamento, na que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

Rodríguez Rumbo lamentou a negativa do PP a esta proposta dirixida a “emendar, cando menos parcialmente, a xestión desastrosa das políticas de emprego por parte da Xunta de Galicia”, que se está a consolidar como “un dos grandes fracasos dos gobernos de Feijóo e Rueda durante 14 anos de goberno na Xunta de Galicia”. Lamentou o empecinamento do goberno galego nunhas políticas que “non funcionan”, polo que “seguen aplicando as mesmas medidas con idéntico resultado”.

Responsabilizou ao goberno galego de que Galicia padeza un mercado laboral caracterizado polo “escaso dinamismo e alto índice de precariedade, inestabilidade, perda de dereitos e alarmante incremento da fenda xeracional”. Advertiu que a Xunta escolleu o camiño do “márketing propagandístico, redundando nos mesmos erros”, amosando un “total desprezo pola situación límite que está a padecer un número moi importante de galegos e de galegas”.

A responsable socialista criticou que o goberno galego seguira en 2022 o mesmo camiño dos anos anteriores, nos que, a pesares das dificultades provocadas pola crise económica derivada das consecuencias da covid e a invasión de Ucraína, “foron incapaces de executar os seus orzamentos para o emprego”.

720 millóns sen executar

Sinalou que o incremento de 8,5 millóns de euros para emprego nas entidades locais constitúe unha contía “nimia” comparada cos 720 millóns que o goberno galego deixou se executar das partidas para fomento do emprego e mellora da empregabilidade dende o ano 2019. Explicou que o ano pasado deixaron nun caixón 215 millóns correspondentes a estas partidas, que se suman aos 235 de 2021 e os 135 que deixaron sen executar en cada un dos anos 2019 e 2020.

A responsable socialista criticou que o goberno galego desatenda ás súas competencias en materia de emprego, polo que comezou por reclamar o incremento da contía para axudas ao emprego no ámbito de colaboración coas entidades privadas. Ademais, reclamou que estas axudas permitan un período de contratación mínimo para persoas desempregadas de 6 meses para contratos a tempo completo e de 12 meses para media xornada.

O Grupo Socialista reclamoulle á Xunta que lle remita ao Parlamento un informe cos últimos 5 anos destas convocatorias, que defina as contías asignadas, os concellos beneficiados, o número de participantes e a súa inserción no mercado laboral.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09