Categorías: Actualidade

Juan Carlos Francisco urxe á Xunta a desenvolver o polígono de Tamagos-Verín logo de 10 anos paralizado

Acusa ao goberno galego de ter bloqueado o desenvolvemento do Polígono dende a súa aprobación en 2011

O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco reclamoulle hoxe á Xunta que desbloquee o desenvolvemento do Polígono de Tamagos, en Verín, que leva 10 anos paralizado dende que aprobaran o proxecto sectorial en 2011. Francisco presentou unha pregunta oral a conselleira de Territorio, á que urxiu a retomar un proxecto “estratéxico e fundamental” para Monterrei e hoxe convertido nun “monte abandonado”.

Juan Carlos Francisco lamenta que o bloqueo por parte do goberno galego teña malogrado as iniciativas do concello para desenvolver un Polígono de solo industrial de calidade, perfectamente conectado con Vigo, Madrid e Portugal, e que conta con 290.000 metros cadrados de “silvas e matogueira”. Un total de 127 hectáreas, dixo, das que a Xunta conta co 75 por cento, mentres o 25 por cento restante está pendente de expropiación.

Sinalou que o outro polígono da comarca, o de Pazos, dispón de 3 parcelas dispoñibles por un total de 9.000 metros cadrados, pero en zona inundable, o que multiplica os custes notablemente e pon en cuestión a viabilidade para atraer investimentos.

10 anos de parálise

O Polígono de Tamagos, explicou, é un proxecto que se remonta ao goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, que permitiu que o proxecto fora aprobado no Consello da Xunta do 20 de abril de 2011. Sen embargo, dende entón o goberno galego non fixo nada para desenvolver as licitacións, por moito que dispoña da competencia para o seu desenvolvemento a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38