Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que “volva á senda da cordura, do sentidiño e do diálogo” para acadar a competencia de xestión do litoral

Patricia Otero aféalle ao goberno galego que desbote as tres vías posibles para acadar a transferencia efectiva porque quere provocar unha “confrontación artificial” e “sacar tallada política” de cara ás eleccións autonómicas

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, esixiulle hoxe á Xunta “menos dramas e máis xestión” para que Galicia consiga a xestión do litoral. Otero interveu na comparecencia da conselleira de Territorio e no debate de toma en consideración dunha proposición de Lei sobre o mesmo tema, nas que lle reclamou ao goberno galego que “volva á senda da cordura, do sentidiño e do diálogo”.

Otero acusou ao goberno galego de provocar unha “confrontación artificial” co goberno do Estado en base a “mentiras” para “sacar tallada política” de cara ás eleccións autonómicas. Criticou que no canto de escoller unha das tres vías que permitirían abrir a transferencia con plenas garantías xurídicas, teñan escollido a vía unilateral á marxe da legalidade e de tódolos organismos consultivos para provocar que o goberno presentara un recurso de inconstitucionalidade.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “saltarse” a Constitución, o Consello Consultivo, o Consello de Estado, as recomendacións do goberno e as advertencias da oposición cunha decisión “populista e irresponsable” que deriva nunha “grave inseguridade xurídica”. Advertiu que a vía escollida pola Xunta “vulnera abertamente a Constitución, rompe coa igualdade e menoscaba o dominio público estatal sobre a zona marítimo – terrestre”.

Criticou que o goberno galego “defende a Constitución pola mañá e a incumpre á hora do xantar”, demostrando que “nunca quixeron” exercitar a competencia do litoral “nin facilitar a xestión do sector”, do que dependen 40.000 persoas.

Explicou que a vía escollida polos socialistas galegos, a da reforma expréss do Estatuto de Autonomía, permitiría unha maior garantía xurídica, tal e como sinala o informe do Consello Consultivo. Sen embargo, ofreceu a man tendida dos socialistas galegos para calquera das outras dúas vías, que son unha Lei Orgánica de transferencia da competencia ou ben a convocatoria urxente da Comisión Bilateral Xunta – Estado para viabilizar o traspaso efectivo.

Advertiu que o propio Consello Consultivo alertou de que a competencia está neste momento pendente de traspaso efectivo por parte do Estado, que a reforma do Estatuto daría a maior garantía xurídica. Doutro xeito, somentes sería posible a través dun decreto de transferencia logo de ter reunido á Comisión bilateral de transferencias, un requisito do que a Lei do goberno galego non fai caso, provocando un conflito de competencias co Estado.

Explicou que a posición do Estado é precisamente garantir o equilibro do desenvolvemento socioeconómico do litoral de Galicia con respecto aos valores de protección do medio. A proba, explicou, é que foi a Xunta quen rexeitou a única prórroga de explotación no litoral, mentres o Estado autorizou medio cento delas e emitiu ata 7 informes con observacións a prórrogas competencia da Xunta.

Proposición de Lei

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista explicou a abstención á proposición de Lei para acadar a competencia do litoral porque resulta “inconsistente tecnicamente”, pero se amosou favorable a mellorar o contido no trámite parlamentario. A proposta, que foi rexeitada polo PP, optaba pola vía da Lei Orgánica de Transferencia da competencia, pero tal e como estaba formulada “non podería” ser unha Lei dese tipo.

Otero advertiu dos graves problemas técnicos desta formulación, que mestura a Lei Orgánica e a transferencia do exercicio dunha competencia que supostamente xa sería de titularidade autonómica, e “non deixa claro que é o que pretende que sexa tramitado nesta Cámara”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23