Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que amplíe a rede de escolas infantís e garanta o seu financiamento nos orzamentos de 2024

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia no Parlamento que o goberno galego anuncie a gratuidade das escolas de 0 a 3 anos pero obrigue aos concellos a asumir o seu custe

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle hoxe á Xunta que amplíe a Rede de Escolas Infantís para atender á demanda con centros públicos e que asuman o seu funcionamento nos Orzamentos de 2024. A responsable socialista presentou unha proposta neste sentido na Comisión de Economía do Parlamento que foi rexeitada polo PP.

Rodríguez Rumbo puxo o acento sobre a negativa do PP a esta proposta, co que están rexeitando que a Xunta asuma os custes da prestación das competencias que lle son propias e que están descargando nos concellos sen lles dar o financiamento necesario, nomeadamente neste caso dos centros de educación infantil de 0 a 3 anos.

Lembrou que o propio Feijóo anunciara a gratuidade das escolas infantís no debate do Estado da Autonomía de 2021, cando aínda era presidente da Xunta, pero non dixera que a maior parte do financiamento recaería nos concellos, aos que están a “afogar” ao obrigalos a asumir competencias que lle corresponden á Xunta. É o caso, explicou, das escolas infantís, pero tamén do Servizo de Atención no Fogar ou do ciclo da auga.

Criticou que “unha vez máis a Xunta invita e os concellos pagan”, mentres o goberno galego asiste como “convidado de pedra dicindo que o Estado non me da, criticando ás Deputacións e aos concellos nos que non gobernan”. Ironizou neste sentido coa iniciativa presentada polo PP o pasado mércores para reclamarlle a gratuidade das escolas infantís ao Estado malia que non é competente e evidenciando que “xa saben que Feijóo non vai ser presidente”.

Rodríguez Rumbo cuestionou a posta en marcha da gratuidade das escolas infantís por parte da Xunta, obrigando aos concellos pequenos a asumir o 60 por cento do custe e ademais orzamentando 41 millóns de euros para as escolas privadas e apenas 10,6 para as que son de titularidade municipal. Afeoulles que a Xunta financie ata 329 euros mensuais por praza nas escolas privadas pero só 169 nas públicas, catro veces menos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23