Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista pide o cese do director xeral de función pública pola “tremenda ineficacia” na xestión do persoal de incendios

O GRUPO SOCIALISTA PIDE O CESE DO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA POLA “TREMENDA INEFICACIA” NA XESTIÓN DO PERSOAL DE INCENDIOS

Carmen Dacosta denuncia a “lamentable inacción” do goberno galego, que leva sen cubrir prazas nin celebrar oposicións de axentes medioambientais e forestais dende hai 10 anos

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, emprazou ao goberno galego o cese do director xeral de función pública que leva sen convocar oposicións para axentes ambientais dende 2012. Presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle esixiu ao conselleiro do Medio Rural que actúe ante a situación “insostible” provocada pola xestión desastrosa do persoal de facultativos ambientais e forestais de Galicia.

Dacosta responsabilizou ao goberno galego dunha situación “lamentable” que aboca a afrontar os lumes con interinos que non teñen experiencia e sen sequera un plan formativo para o seu traballo. A responsable socialista levou ao Parlamento as alertas reiteradas por parte dos sindicatos, que dende o verán pasado veñen denunciando este “caos e colapso” no sector de axentes forestais e medioambientais, que pon en risco a seguridade dos traballadores.

A representante socialista alertou da excesiva contratación de interinos entre os 387 axentes na Consellería de Medio Rural, así como 165 axentes na Consellería de Medio Ambiente con moitas prazas sen cubrir. Ademais, na actualidade supéranse as 100 vacantes na escala de técnicos ambientais, que durante este ano poderían ser máis de 150 pola “inacción da Xunta”.

O goberno galego, engadiu, comprometeuse a iniciar o proceso cando se acadara o 40 por cento de titulados neste corpo, pero “hoxe esta cifra superouse e a situación non mudou”. Pola súa banda, sinalou que hai 52 axentes que se xubilan en 4 anos, polo que pide que se cumpra o acordo do ano 2016, asinado polo PP, no que se empraza a convocar oposicións da escala de axentes facultativos ambientais.

Carmen Dacosta esixe a redacción “inmediata” dun regulamento de funcións para estes traballadores e rematar así coa concesión irregular e interesada de comisións de servizo que debería estar regulada pero, como di a deputada socialista, o PP prefire facer “concesións a dedo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38