Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista lamenta que os Orzamentos da Xunta representan unha “ocasión tristemente perdida” mentres Rueda malgasta recursos en “dádivas” electorais

Luis Álvarez critica unhas contas continuístas que “non van dar as respostas que Galicia necesita”

Begoña Rodríguez Rumbo critica que os Orzamentos son “un caixón baleiro de contido e cheo de publicidade e propaganda” dun PP que continúa “enrocado no recortar, pintar e colorear”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe que os Orzamentos da Xunta para 2024 supoñen “unha ocasión tristemente perdida para Galicia”. O responsable socialista interveu no debate final das contas para o próximo ano, que tiveron o voto en contra do PSdeG porque reinciden “nos mesmos problemas sen solución” derivados dun enfoque político errado e unha xestión desastrosa por parte do goberno galego.

Álvarez criticou que o presidente da Xunta “malgaste” uns orzamentos históricos, co maior volume de recursos da historia grazas ás aportacións do Estado, que dedican a “dádivas” electorais, ao tempo que “prefiren beneficios para quen non os necesita”. Aludiu así aos 34 millóns de euros cos que beneficiarán aos pouco máis de 7.000 millonarios de Galicia polas bonificacións do imposto de Patrimonio que manteñen este ano.

O responsable socialista advertiu que estas contas “non van dar as respostas que Galicia necesita nin no enfoque macroscópico nin no microscópico”, por canto “non van resolver as carencias nin sanitarias, nin educativas, nin dos servizos sociais nin en materia de vivenda”. Engadiu que “tampouco van resolver nin os problemas industriais, nin do sector agrario, nin no pesqueiro nin no comercio”.

Reivindicou un modelo de Orzamentos alternativo centrado na protección á maioría social cun sistema de benestar e protección social robusto, que fortaleza á clase media e traballadora, que actúe como locomotora da economía e manteña o compromiso de responsabilidade fiscal. Sen embargo, a “mala xestión” dun total de 170.701 millóns de euros dende 2009 ata 2023 provocou que Galicia “saia mal parada en multitude de indicadores comparados con outras Comunidades Autónomas”, mentres a Xunta deixa ano tras ano millóns de euros sen executar.

Explicou así que no ano 2022 o goberno galego deixou no caixón 150 millóns de euros en dinamización económica do medio rural, 101 millóns en actuacións ambientais, 70 millóns en conservación e construción de estradas, 81 millóns de euros en pesca, 110 en I+D+i ou 54 millóns en vivenda. Unha suma de 566 millóns de euros que por si mesmos “son moi elocuentes sobre a falla de seriedade e solvencia das propostas do PP no goberno galego”.

Engadiu que o fracaso na xestión do goberno galego provocou un incremento do PIB en Galicia inferior ao Estado -un 8,9 fronte a un 10,2 por cento-, e unha renda per cápita inferior -12.352 euros contra 13.008 na media de España-, e todo isto mentres dispararon a débeda pública a un nivel “inadmisible”, ao pasar do 8,6 ao 17 por cento do PIB entre 2009 e 2022.

Adiantou que o próximo ano “este debate vai ser totalmente distinto porque vai presentar as contas de 2025 un goberno progresista” encabezado por Besteiro logo das eleccións autonómicas que serán convocadas no próximo ano. Retrucou ademais ao portavoz do PP, que cualificaba de “figurante” ao candidato socialista, sinalando que a pesares de descualificalo “estanlle a atribuír o rol de protagonista na película: moito medo lle teñen a Besteiro”.

Recorta, pinta e colorea

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, dixo que os Orzamentos da Xunta para 2024 son “un caixón baleiro de contido e cheo de publicidade e propaganda” dun PP segue “enrocado no recortar, pintar e colorear”. Criticou que levan “14 anos recortando en persoal e servizos, pintando uns Orzamentos que non executan, que colorean de azul para darlle un toque galego, e coa TVG colocándolle o lacito”.

A tamén portavoz de Orzamentos abriu a rolda de intervencións de hoxe no debate do ditame dos Orzamentos para 2024 defendendo as 715 emendas ao estado de gastos e as 73 emendas ao articulado da Lei presentadas polos socialistas galegos, que reclamaban mobilizar 467 millóns de euros. Cualificou de “tomadura de pelo” que o PP tan só aceptara 3 destas 788 emendas, que ademais son as mesmas que aprobaran o ano pasado e que non foron incluídas para 2024.

Advertiu que o proxecto do PP “non dá as respostas necesarias para afrontar os retos inmediatos nin os retos de futuro para acadar unha Galicia máis verde, dixital e feminista, máis cohesionada territorial e socialmente, sen que ninguén quede atrás. Defendeu o proxecto de Orzamentos alternativo que representa o PSdeG, que “temos un proxecto de país, estamos preparados e gobernaremos Galicia en colaboración co goberno do Estado, os concellos e as deputacións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23