Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista lamenta o veto do PP ao Pacto pola Enerxía Renovable concibido para superar o “caos absoluto e indiscriminado da eólica” da Xunta

Patricia Iglesias reclama un desenvolvemento “xusto e inclusivo” porque “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia solicitada como a prohibición total”

 

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, lamentou hoxe a negativa do PP ao Pacto pola Enerxía Renovable presentado polo PSdeG para superar o “caos absoluto e o desenvolvemento indiscriminado” da eólica provocado pola falla de proxecto por parte do goberno galego. Iglesias presentou na Comisión de Industria do Parlamento unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galeo a implantación ordenada da eólica galega, que foi rexeitada polo PP.

 

A responsable socialista presentou unha proposta de acordo “realista e propositiva” para “parar e reflexionar, ordenar e planificar” o desenvolvemento das enerxías renovables, logo da suspensión cautelar de 49 proxectos eólicos polo TSXG derivada da falla de planificación e ordenación do sector do Executivo autonómico. Esixiulle ao goberno galego que comece a “facer política con maiúsculas” e deixar de “relegar todo e botarlle a culpa aos procesos xudiciais en curso”.

 

Iglesias reclamou un novo modelo de desenvolvemento que sexa “xusto e inclusivo no conxunto do país”, facendo á cidadanía partícipe dos beneficios do desenvolvemento das renovables en Galicia. Iglesias chamou ao acordo para superar a inseguridade xurídica e a parálise derivada da falla de rigor do goberno galego cos requisitos medioambientais esixidos pola normativa europea.

 

Propuxo a elaboración dun mapeado e zonificación das explotacións enerxéticas, que permita o desenvolvemento harmonioso dos proxectos renovables, ademais de seguir a liña marcada pola nova Directiva de Enerxías Renovables, que pide unha simplificación normativa e burocrática. Chamou así a “evitar o marasmo provocado pola Xunta e se regule sobre a participación pública que contén a normativa comunitaria.

 

Lembrou que a situación actual deriva da decisión do PP de “parar a eólica en Galicia” no ano 2009, provocando que a Comunidade Autónoma perdera o liderado nacional no sector e provocando que máis de 6.000 millóns de euros de investimentos estean en risco de perderse, tal e como ten cifrado a propia patronal galega.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Comisión Galega da Competencia a actuar con autonomía “sen agardar sentenzas ou presión mediática”

Lara Méndez reclama o reforzo dos recursos humanos e técnicos do órgano e urxe a…

15/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a estratexia de Rueda do “non polo non” ameaza con deixar a Galicia sen voz no debate do modelo de financiamento

Patricia Iglesias defende facer valer a realidade da dispersión e o avellentamento e maior autonomía…

15/07/2025
  • Actualidade

Elena Espinosa: “Rueda pode dicir o que queira, pero hoxe en Galicia hai mulleres parindo sen auga quente”

A deputada lamentou que o Partido Popular rexeitase no Parlamento a proposta presentada polo secretario…

15/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica en Ferrol o carácter público de Navantia fronte á “ameaza” de privatización pola “axenda ultra” do PP

O líder dos socialistas defendeu o esforzo inversor do Goberno de Pedro Sánchez e o…

14/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025