Categorías: Actualidade

O Grupo socialista insta á Xunta a incorporar ás pequenas embarcacións artesanais ás axudas de fomento da pesca sustentable

Patricia Otero alerta de que os criterios de acceso deixan fora aos barcos de menor envergadura

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que modifique os criterios das axudas para fomento da pesca sustentable. Os criterios actuais destas axudas convocadas cada ano, sinala, deixan fora destas axudas ás embarcacións de pesca artesanal máis pequenas.

Otero pide que estas axudas, que se veñen convocando en xaneiro, incorporen este ano variables como o tipo de actividade, o caladoiro no que faenan, o número de traballadores da embarcación ou unha media entre Permex semellantes. Actualmente as axudas atenden a unha media por exemplo entre un palangreiro do Índico e unha embarcación de menos de 5 metros, sen separar por artes nin por tamaños, polo que quedan lonxe do alcance das naves máis pequenas.

Sinala que esta liña de axudas, cofinanciada coa FEMP, é repartida en función dun baremo calculado sobre a media salarial de cada pescador de cada porto e non ter en conta os tramos das embarcacións, o que supón de facto unha discriminación contra as pequenas embarcacións.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38