Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle ao goberno galego que dea conta da xestión dos fondos do Plan de Recuperación que lle entregou o goberno central

Begoña Rodríguez Rumbo lembra que o goberno destinou 2.868 millóns de euros a Galicia, 1.276 xestionados pola Xunta, que aínda non ten rendido contas

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle á Xunta que dea conta da xestión dos fondos enviados a Galicia por parte do goberno central dentro do Plan de Recuperación. Rodríguez Rumbo presentou esta proposta, que foi debatida hoxe pero será votada mañá no Parlamento, diante da falla de planificación, seguimento e transparencia da xestión destes fondos que ten sinalado o Consello de Contas.

A responsable socialista lembrou que Galicia foi a quinta Comunidade Autónoma en recibir máis fondos do Estado ata marzo de 2023, cun total de 2.868 millóns de euros. Destas partidas, un total de 1.276 millóns de euros son xestionados directamente polo goberno galego, mentres Galicia participa en 8 dos 12 Pertes postos en marcha, que beneficiaron a 171 proxectos industriais beneficiados con case 200 millóns de euros, e financiará a máis dun centenar de novos proxectos.

Sen embargo, segundo o informe de fiscalización realizado polo Consello de Contas, a xestión da Xunta adoece de “falla de planificación, falla de seguimento e falla de transparencia e de rendición de contas”. Este informe, que analiza os fondos do Plan de Recuperación despregados nos anos 2021 e 22, constata que “mentres a Xunta gastaba esforzos en criticar ao goberno de Pedro Sánchez con calquera escusa, non traballaba para xestionar os fondos co rigor requirido”, dixo.

Advirte que o presidente da Xunta presumía o pasado 23 de febreiro de que Galicia tiña mobilizado o cen por cen dos fondos europeos sen que ata o momento fixera públicos os proxectos que teñen beneficiado. Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que explique “as formas de acceso ás achegas, os criterios de reparto, as resolucións e a contía prevista inicialmente e a finalmente executada”.

A parlamentaria socialista contrastou a resposta dos recortes que encabezou o PP en toda Europa na anterior crise financeira coa resposta social á crise da covid e da guerra de Ucraína, que liderou España para despregar un paraugas social que permita “saír a todos e todas xuntos o máis axiña posible sen deixar a ninguén atrás”.

Afeoulle ao PP que a súa resposta teña sido votar en contra de tódalas medidas positivas para a cidadanía , con visitas de Casado, Feijóo e Rueda a Bruxelas para criticar a acción do goberno de España, que provocou o histórico plante da presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, ao presidente galego na súa última viaxe.

Grazas ás medidas aplicadas polo goberno de Pedro Sánchez, España tense consolidado como a terceira economía da Eurozona co IPC máis baixo, mentres a OCDE aumenta as previsión de crecemento do país para 2023, cun avance que duplicará ao da zona Euro este mesmo ano.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09