Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que garanta unhas mínimas condicións laborais dignas para os brigadistas das helitransportadas contratados á privada

Carmen Rodríguez Dacosta denuncia a “semiescravitude laboral” destes traballadores e reivindica un servizo de prevención e loita contra o lume “único, profesional, estable e equidade dependente da Xunta

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista reclamoulle hoxe á Xunta que garanta unhas “mínimas condicións laborais dignas” para os 160 brigadistas das helitransportadas que contrata nunha empresa privada nas temporadas de incendios. A responsable socialista presentou unha iniciativa neste sentido na Comisión de Agricultura do Parlamento, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de tolerar unha situación de “semiescravitude laboral” para uns traballadores obrigados a asumir ciclos laborais de dúas semanas sen descanso, realizando “toas aquelas horas extraordinarias” que lles demanden “por causas estruturais e de forza maior”. Este persoal, dixo, realiza o mesmo traballo que o persoal da Xunta pero “en peores condicións laborais e salariais”.

Ademais da penosidade que teñen que padecer, dixo, con horarios interminables aos que acoden con roupa entregada en mal estado que se ven obrigados a coser da súa propia man, este ano cobraron 1.100 euros, incluíndo un euro ao día en concepto de perigosidade. Este salario mesmo está por debaixo dos 1.108 euros que cobraron na campaña de 2012, nove anos antes.

Carmen Rodríguez Dacosta reclamoulle á Xunta que se preocupe da situación deste persoal, que segundo sinalan os medios de comunicación chegou a ser represaliado por alzar a voz denunciando a súa situación. Así sucedeu cun dos traballadores, que logo de reclamar en 2021 pedindo mellores condicións laborais atopouse con que este ano non lle subscribiron o contrato.

Rodríguez Dacosta reclamoulle á Xunta que garanta as condicións laborais destes brigadistas contratados pola privada “a resultas do contrato correspondente ao servizo integral de helicópteros e brigadas destinadas á defensa contra os incendios forestais para os anos 2020, 2021 e 2022.
Tamén reclama neste sentido “a creación dun servizo de prevención e loita contra o lume único, profesional, estable e equipado dependente da Xunta de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29