Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista desmárcase da Lei do Litoral da Xunta para “non ser cómplices nin colaboradores necesarios” na estratexia de confrontación do goberno galego

Patricia Otero critica a aceleración dos prazos para forzar a coincidencia coa campaña electoral, demostrando que “non queren nin darlle seguridade xurídica ao sector mar industria nin protexer ao litoral de posibles pelotazos urbanísticos”

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, anunciou hoxe que o Grupo Socialista desmárcase da Lei do Litoral de Galicia logo de que o PP e o goberno galego revelaran a súa verdadeira intención “electoralista de confrontación” co goberno central. Otero interveu no debate final logo do trámite acelerado desta Lei, que foi aprobada coa abstención do PSdeG e o único voto favorable do PP.

A responsable socialista rexeitou actuar como “cómplices nin colaboradores necesarios” na estratexia de confrontación despregada polo PP e o goberno galego, que “agochaban outras intencións que non eran darlle seguridade xurídica ao sector mar industria nin protexer ao litoral de posibles pelotazos urbanísticos”. A responsable socialista lamentou a “ofensa á man tendida” dos socialistas galegos, abertos no principio a apoiala a cambio de que fora mellorada no trámite.

Lembrou que a Lei estaba prevista para ser aprobada a final de ano, coincidindo coa data de remate da Lexislatura, pero ao PP “entráronlle as presas” ao coñecer do adianto electoral ao 23X. A partir de aí, explicou, modificaron unilateralmente os prazos para impoñer un procedemento exprés e aprobar a Lei logo dunha única xuntanza da Ponencia e que puidera chegar ao último Pleno do período de sesións e antes das eleccións xerais.

Criticou que ao PP “dálle igual como saia esta Lei” e por iso “furtan o debate parlamentario con tal de cumprir co obxectivo” de confrontar co goberno central, mudando o consenso e o debate por “unha nova imposición do PP”, que chegou a “ameazar aos grupos parlamentarios” sinalando que a norma ía ser aprobada “si ou si” antes do parón do verán.

Explicou que “non é certo que vaian ter competencias plenas” con esta nova Lei, tal e como sinala o propio Consello Consultivo, que no seu informe apunta que será necesario ter ademais a transferencia dos medios. Puxo en dúbida o interese do PP por acadar a nova competencia logo de 14 anos nos que non acadaron ningunha transferencia, e logo de terse negado a actualizar o Estatuto durante o goberno presidido polo socialista Pérez Touriño.

Criticou o “engano a parte da cadea mar – industria” por parte do PP e do goberno galego ao agochar que o Executivo central aprobou tódalas peticións de prórrogas de ocupación do espazo marítimo terrestre, e “a única que non foi favorable denegouna a Xunta de Galicia”. Patricia Otero ironizou coa actitude do candidato do PP e expresidente da Xunta, Núñez Feijóo, que “tanto mentir e chega a dicir que as laranxas están a 15 céntimos”.

Alertou fronte ao anuncio de Feijóo de modificar a Lei de Costas, e lembrou que “actuar a golpe de impulsos non lles resulta moi ben”,  antes de lembrar que o Tribunal Constitucional anulou varios preceptos da Lei de Costas de 2013 porque buscaba beneficiar os intereses particulares dun ex ministro do PP de Aznar.

Ostreira do Grove

Otero denunciou a campaña de “enganos” do PP, chegando a terxiversar o caso da Ostreira do Grove, que ten un informe de ocupación favorable por parte de Costas, agás o referido a unha ampliación das piscinas en terreo público porque teñen unha parcela dispoñible ao lado. Aclarou que Costas tense dirixido á empresa para pedirlles un escrito alegando a imposibilidade de ampliar a parcela e xustificar a petición, pero a día de hoxe non teñen entregado a documentación.

Acusou ao goberno galego de ter agardado á precampaña electoral para verter “enganos e manipulacións para embarralo todo”, malia que as resolucións deste caso concreto foran ditadas en xaneiro, hai seis meses, nos que o goberno galego non fixo nada para resolver a situación.

Advertiu que “non parecen ser garantes de dotar de seguridade xurídica ao mar industria e os propietarios da costa”, cando será o Tribunal Constitucional o que “decidirá se Galicia invade competencias do Estado ao limitar a 15 anos a actuación fronte ás obras no litoral”. Aludiu así á petición do xulgado do Contencioso – Administrativo de Pontevedra, que hai dúas semanas facía esta petición ao alto tribunal logo da reforma dos prazos na última Lei de Acompañamento da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28